Solapas principales

Novas medidas en Ames, que se atopa no nivel medio baixo de restricións pola COVID19

Viernes, 11 de junio de 2021

O Goberno de Ames lembra á cidadanía que o concello atopase en nivel de restricións media baixa e as normas de cumprimento obrigatorio que hai que seguir mantendo para non dar pasos atrás na loita contra a pandemia da COVID19. A normativa actual permite xuntanzas sen número limitado de persoas non convivintes. Os establecementos, tanto bares como restaurantes que conteñan medidor CO2, deberán pechar ás 1:00 horas. As barras continúan pechadas, nas terrazas permitense grupos de 15 persoas e nos interiores dos locais de 6. Cómpre salientar que o uso da máscara e a distancia de seguridade interpersoal seguen a ser obrigatorias en todos os casos. Podes consultar aquí todas as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia que afectan ao Concello de Ames na actualidade.

O Nivel medio baixo de restricións pola COVID 19 no que se atopa o concello de Ames desde o 00:00 horas do 29 de maio, implica que se permite a mobilidade en toda Galicia.

Hostalería
Na hostalería permítese un aforo do 50% no interior dos establecementos e do 75% nas terrazas. No interior, os grupos non poderán superar as 6 persoas por grupo e no exterior non poderán xuntarse máis de 15 persoas. As barras seguen permanecendo pechadas. Os establecementos, tanto bares como restaurantes que conteñan medidor CO2, deberán pechar ás 1:00 horas.

Xuntanzas
Permitense as xuntanzas ilimitadas de persoas non conviventes. Recoméndase que no se exceda de 6 persoas en espazos pechados e de ata 15 persoas ao aire libre. Ademais, que recoméndase que desde a 1:00 horas até ás 6:00 horas só sexan xuntanzas de conviventes.

Establecemenos comerciais
Nos establecementos comerciais o aforo non pode superar o 75% da súa capacidade total.

Vehículos
En vehículos particulares permítense viaxes de persoas non convivintes. Porén, cómpre lembrar que entre non convicintes segue a ser obrigatorio o uso de máscara.

Instalacións deportivas
As instalacións deportivas están abertas e permiten a práctica da actividade entre persoas non convivintes en grupos de até 6 persoas no interior e de até 15 en exteriores.

Cómpre salientar que o uso da máscara e a distancia de seguridade interpersoal seguen a ser obrigatorias en todos os casos.

Para máis información, consultar no DOG.

Restricións
Descargas: 
669.49 KB
Anuncio DOG