Solapas principales

A nova web municipal inclúe novos sistemas de comunicación

Lunes, 17 de junio de 2019

A nova versión da web municipal inclúe importantes novidades para mellorar e aumentar a información e as posibilidades de comunicación coa veciñanza. Deste xeito, créase unha nova canle de Telegram para poder transmitir información municipal; e un servizo de envío de incidencias de xeito directo a través dun formulario electrónico, no que ademais da incidencia e dos seus datos de contacto poderá achegar imaxes e xeolocalización do incidente. Ademais, con dita renovación mellórase a transparencia municipal, permítese o acceso pleno e funcional á web mediante dispositivos móbiles, modernizouse o seu deseño, ordenáronse os contidos, garántese a accesibilidade e facilítase a integración da web coas redes sociais.

A nova web municipal inclúe novidades no relativo á Comunicación municipal. Accedendo ao apartado de Atención cidadá, información e participación e premendo na opción de Comunicación municipal chégase as diferentes posibilidades que existen de “Medios de comunicación municipais”.

Dentro dos sistemas personalizados de envío de avisos, actualidade e axenda municipal, destacan a  canle de RSS; envío de boletíns informativos a través do correo electrónico, e a nova canle de Telegram, creada para informar de avisos e de información de interese municipal (apertura de prazos de inscrición, axenda de actividades, publicación de listas, etc.). Para darse de alta na canle de Telegram hai que buscar Concello de Ames e adherirse. A través da nova web tamén se mellorou o servizo de envío de boletíns, que conta con máis de 3.600 usuarios/as, cun deseño máis atractivo.   

Ademais, dentro do apartado de Atención cidadá, información e participación, podemos atopar o servizo de incidencias. De xeito directo, a través dun formulario electrónico, podemos incluír os datos de contacto,  achegar imaxes e a xeolocalización do incidente. Tamén se continuará dando información á veciñanza a través das redes sociais: Facebook e Twitter. O Concello de Ames conta en Facebook con preto de 4.000 usuarios/as, mentres que en Twitter hai preto de 1.300 seguidores. Nos últimos anos as redes sociais municipais experimentaron un forte incremento de usuarios/as.

Mediatec@mes
Ademais, púxose en marcha o novo portal da Mediatec@mes. Trátase dun novo espazo multimedia cos vídeos e fotografías máis destacadas do Concello. Neste espazo hai material multimedia catalogado en diferentes espazos: Plenos, eventos, turismo, administración, cidadanía e galería de imaxes. No apartado de plenos habilitarase no futuro a posibilidade de ver os vídeos dos plenos gravados coa aplicación de videoacta.  Os eventos do concello terán tamén un gran peso de material multimedia, tanto de vídeos como fotografías.

Imaxe da web municipal

Multimedia

  • Imaxe da web municipal