Solapas principales

Nova plataforma web para ver os plenos do Concello de Ames

Jueves, 16 de julio de 2020

O Concello de Ames vén de habilitar un portal web, a través do cal se poden ver as sesións de plenos que se realizaron no Concello de Ames. Esta é unha plataforma na que se almacenan todos os plenos municipais dende novembro de 2016. Pódese acceder a dita web a través dun banner que está ao pé da páxina de inicio da web municipal ou a través do apartado de Atención cidadá, información e participación; Comunicación municipal; Medios de comunicación municipais; Videoteca. Tamén se poden ver ditos vídeos no buscador das sesións de plenos da páxina web municipal.

O Concello de Ames comezou en outubro de 2016, en modo de proba, a gravación dos plenos a través da aplicación de VídeoActa que ofrece a empresa Ambiser Innovaciones S.L. Deste xeito, dende novembro de 2016 estanse gravando de xeito oficial os plenos municipais a través de dita aplicación e pasouse a realizar as actas das sesións de plenos de xeito telemático. Nos vídeos das sesións plenarias recóllense os puntos da orde do día e os/as participantes da Corporación municipal que interveñen en cada un dos puntos.  

Para poder dispor dunha plataforma web que albergue os vídeos, o 31 de outubro de 2019 a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento negociado sen publicidade previa e suxeito a tramitación anticipada, do servizo de mantemento e soporte do sistema de VídeoActa e do servizo de hosting e almacenamento en servidor externo do Concello de Ames, convocando a súa licitación.

Trala correspondente tramitación do expediente de licitación, o pasado 23 de xaneiro de 2020 adxudicouse o contrato dito servizo á empresa Ambiser Innovaciones S.L. por un importe total de 19.660,73 euros (IVE incluído) e por un período de catro anos (ata 2023). A oferta económica inclúe o servizo de soporte, mantemento e backups por 9.425,92 euros; o servizo de instalación emigración CPD por 1.450,21 euros; e mailo servizo de hosting por 8.784,60 euros. O Concello de Ames abonará o importe total de dito contratos dividido en catro anualidade (2020-2023).   

O portal web de VídeoActas ademais dos plenos das sesións plenarias tamén dispón de dous apartados máis onde se poden albergar as reunións da Mesa Xeral de Negociación e do Comité de seguridade e saúde.

Pódese acceder a dita web a través dun banner que está ao pé da páxina de inicio da web municipal ou a través do apartado de Atención cidadá, información e participación; Comunicación municipal; Medios de comunicación municipais; Videoteca. Tamén se poden ver ditos vídeos no buscador das sesións de plenos da páxina web municipal.

Servizo de streaming
Por outra banda, o Concello de Ames, na procura de seguir modernizando as canles municipais comezou a transmitir o pasado 16 de abril os plenos vía streaming, debido ao estado de alarma pola crise sanitaria da Covid-19. Dende ese momento todos os plenos municipais transmitíronse vía streaming. O obxectivo do goberno municipal é seguir prestando este servizo á veciñanza de Ames a través da páxina web de directo da web municipal.

Nova plataforma web para ver os plenos do Concello de Ames