Solapas principales

“Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, nova campaña de doazón de sangue en Bertamiráns

Lunes, 11 de mayo de 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 13 de maio, en Bertamiráns, na praza da Maía. O horario de atención será de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, pretende sensibilizar á cidadanía galega da importancia de doar sangue xa que precísanse máis de 400 doazóns diarias nos hospitais galegos.

Coa presenza desta unidade móbil de doazón, e baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade. Por iso, dende o Concello de Ames, anímase á veciñanza a acudir a esta unidade móbil de doazón, que estará estacionada este mércores, 13 de maio, na praza da Maía, en Bertamiráns, en horario de 9.30 a 14.30 e de 15:30 a 21:00 horas.

Os únicos requisitos para poder doar son ser maior de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. É necesario almorzar e esperar dúas horas para acudir despois de xantar. As persoas doantes deberán identificarse coa súa tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Ademais, haberá que informar ao médico se se está tomando algún tipo de medicamento.

Tan só é necesario 15 minutos do teu tempo
O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Grazas ás persoas que doan sangue axúdase a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos cada ano. Busca 15 minutos do teu tempo para doar sangue e salvar a vida de moitas persoas.

Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispón dun teléfono de información gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles da doazón de sangue, o número 900 100 828. Tamén se pode consultar a súa páxina web premendo nesta ligazón.

Sorteo de abonos para o Son do Camiño
Todas as persoas que doen sangue ata o 31 de maio do presente ano, nas distintas unidades móbiles da ADOS, e que remitan por mensaxe privada ao Instagram da ADOS unha foto doando sangue ou un vídeo convidando a participar nas campañas de doazón e que sigan a ADOS en Instagram, entrarán no sorteo de 14 abonos para asistir ao Son do Camiño, que se desenvolverá en Santiago de Compostela os días 18, 19 e 20 de xuño. Outro requisito necesario para entrar neste sorteo é comentar a publicación desta iniciativa mencionando a dúas persoas.

“Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, nova campaña de doazón de sangue en Bertamiráns

Multimedia

  • “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, nova campaña de doazón de sangue en Bertamiráns