Solapas principales

“Música na noite” trae a Bertamiráns a “Conexión Habana”

Sábado, 25 de julio de 2020

A praza de Chavián, en Bertamiráns, acolle este domingo, 26 de xullo, a partir das 22:00 horas, a actuación do dúo “Conexión Habana”. Cristina Cachadora e Angel Habana, músicos de ampla traxectoria no mundo da verbena e dos bailes populares, amenizarán a noite do domingo  cun repertorio no que non faltarán a cumbias, a bachata, o merengue e o pasodobre. A entrada é de balde até completar aforo. A actividade encádrase en “Música na noite” e forma parte do programa AmesON, a través do cal o Concello traballa para dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

Cristina Cahaldorra formou parte de formacións musicais de rock, pop e folk. Traballo durante moitos anos en Madrid  e Barcelona formando parte de compañías de Teatro Musical e ten tamén experiencia como cantante en cruceiros cos que percorreu tdo o Mediterráneo. A súa última incursión na verbena galega foi a través da orquestra Chastton Show de A Coruña.   

Pola súa banda, Angel Habana é licenciado en música na especialidade de canto, polo Instituto Superior de Artes de Cuba. Realizou estudos de orquestración, entre outros co mestre Armando Romeo, un dos máis importantes directores de orquestra de Cuba. Participou en moitos festivais e obtivo, entre outros, premio no Festival Internacional da Canción Caribeña. En Galicia formou parte das orquestras Israle, Super Fama, Noche de Gala e Salsa Rosa.

“Conexión Habana” comezan a facer algunhas actuacións xuntos no ano 2014. Despois de ter formando parte do elenco de varias orquestras galegas deciden iniciar carreiras como solistas e ao mesmo tempo compartir esporadicamente experiencias musicais en festas e eventos. O bo resultado destas colaboracións provoca que no ano 2016 se constitúan como dúo.   

O repertorio é unha das bazas coas que xogan Cristina e Angel xa como “conexión Habana”. Traballan unha grande variedade de xéneros e adáptanse  ca calquera tipo de público, desde o máis xove até o máis maior. Xéneros como a Cumbia, a Bachata, o Merengue, ou o Pasodobre non faltan nunca nas súas actuacións. A animación é outra das súas especialidades, coidando sempre o bo gusto, as formas e la elegancia que todo artista debe posuír.

Cartel AmesON

Multimedia

  • Conexión Habana