Solapas principales

María Estévez, do Ames Atletismo, participou co equipo galego no campionato sub16 de atletismo por federacións

Martes, 18 de octubre de 2022

Pamplona acolleu os días 8 e 9 de outubro o campionato de España de atletismo por comunidades autónomas do CSD, nas que as seleccións galegas sub16 feminina e masculina lograron unha meritoria sexta posición en ambas categorías. Formando parte do equipo galego participou na proba dos 1.500 metros obstáculos a atleta do Ames Atletismo, María Estévez, a que foi a súa terceira competición a nivel nacional da tempada. Ademais, dos equipos asociados co Ames Atletismo, participaron Noa e Alejandro Rey, da Atlética A Silva, e Nerea Martínez, do Club Atletismo O Pino, que conseguiu dúas medallas de prata nos 100 metros e nas remudas 4x100.

O sábado 8 e o domingo 9 de outubro disputouse en Pamplona o campionato de España de atletismo por comunidades autónomas do CSD. Na fin de semana, as seleccións galegas feminina e masculina sub16 lograron en ambas categorías a sexta posición dun total de dezaoito equipos participantes, con vitorias finais para os combinados catalán na masculina e andaluz na feminina.

A atleta amesá María Estévez, do Ames Atletismo, participou na proba dos 1.500 metros obstáculos, logrando a décimo segunda posición na que foi a súa terceira competición a nivel nacional da tempada, despois dos campionatos de España en pista cuberta e ao aire libre sub16.

Ademais, cómpre destacar a actuación das e dos atletas dos clubs da contorna que colaboran co Ames Atletismo, como Nerea Martínez, do Club Atletismo O Pino, que levou dúas pratas nos 100 metros e nas remudas 4x100 metros; Noa Rey, da Atlética A Silva, que correu os 300 metros valos e as remudas 4x300, e Alejandro Rey, tamén da Atlética A Silva, que participou na proba do lanzamento de xavelina.

María Estévez, Nerea Martínez, Alejandro Rey e Noa Rey

Multimedia

  • Imaxe da selección galega sub16
  • Imaxe da selección galega sub16
  • Imaxe da selección galega sub16