Solapas principales

Manolo Boquete e Roberto Feáns achegan a Bertamiráns o “Cantacontos a través da Fiestra”

Lunes, 30 de septiembre de 2019

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o próximo sábado, 5 de outubro, o espectáculo Cantacontos a través de Fiestra. Manolo Boquete e Roberto Feáns farán gozar ás familias asistentes, ao máis puro estilo da antiga radionovela, cun relato adornado con sons de ambiente e intercalado con cancións recollidas no libro A fiestra dos soños. Unha proposta familiar, con entrada de balde, para a que haberá que contar con invitación. Os interesados e interesadas poderán recoller os convites, a partir de hoxe luns, 30 de setembro, na conserxería da Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de tarde. O espectáculo comezará ás 18:00 horas.

Cantacontos a través da Fiestra bebe do libro A fiestra dos soños, un libro disco que Manolo Boquete, autor das ilustracións e textos, e Roberto Feáns, encargado da música, sacaron á luz para que os máis miúdos da casa canten e bailen en galego. Partindo das historias e soños que recolle o libro, os autores farán partícipe ao público asistente dun relato ambientado con diferentes sons, á vez que intercalarán o relato con varias das cancións que recolle o libro disco. Un espectáculo dirixido a un público familiar, no que grandes e pequenos poderán gozar da literatura e música en galego a partes iguais.

Para asistir ao espectáculo, que é de balde, os interesados e interesadas deberán recoller os convites, a partir do luns 30 de setembro, na conserxería da Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de tarde. A concelleira de Cultura, Natividade González, anima á veciñanza a asisitir a un “espectáculo co que poderemos seguir gabándonos da enorme producción literaria e musical que temos en Ames, desta volta cun cantacontos que gustará tanto a maiores como pequenos”.

Cantacontos

Multimedia

  • Cartaz Cantacontos