Solapas principales

Máis de 100 atletas participan este domingo no I Trofeo de Marcha en Ruta 2024

Viernes, 22 de marzo de 2024

A localidade do Milladoiro acolle este domingo, 24 de marzo, a primeira edición do Trofeo de Marcha Atlética en ruta, que puntúa para o Circuíto Galego de Marcha Atlética 2024. Para participar nesta proba deportiva inscribíronse un total de 108 atletas dos cales 107 están admitidos/as. Poden participar atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo. Na inscrición son válidas as marcas realizadas nas tempadas 2023 e 2024. Haberá seis probas distintas tendo en conta a categoría dos/as participantes (sub 12 masculina; sub 12 feminina; sub 10; sub 14; sub 16; e absoluta). Premendo nesta ligazón podes acceder ao regulamento da proba.

As rúas do Milladoiro acollerán este domingo, 24 de marzo, un novo evento deportivo organizado entre o Concello de Ames e maila Federación Galega de Atletismo. Trátase do I Trofeo de Marcha Atlética en ruta, que puntúa para o Circuíto Galego de Marcha Atlética 2024. Esta proba celebrase  a partir das 10.45 horas. Poden participar atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo.

Trátase da segunda das seis probas que integran o Circuíto Galego de Marcha Atlética. O circuíto polo que se desenvolverá esta proba é o único circuíto autonómico de marcha atlética que hai en España. Para participar nesta proba deportiva inscribíronse un total de 108 atletas dos cales 107 están admitidos/as. Poden participar atletas con licenza en vigor pola Federación Galega de Atletismo. Na inscrición son válidas as marcas realizadas nas tempadas 2023 e 2024.

Haberá seis probas distintas tendo en conta a categoría dos/as participantes (sub 12 masculina; sub 12 feminina; sub 10; sub 14; sub 16; e absoluta). Os/as atletas deberán utilizar os dorsais outorgados pola organización, de forma visible en toda a súa superficie. Será responsabilidade dos/as atletas levar consigo imperdibles ou calquera outro sistema para a súa colocación.

Distancias e horario
A primeira proba comezará ás 10.45 horas para os atletas sub 12 da categoría masculina. A continuación, ás 11.00 horas, disputarase a proba sub 12 feminina. En ambos os dous casos a distancia será de dous quilómetros. A proba da categoría sub 10 masculina e feminina celebrarase dende as 11.15 horas. Nenos e nenas participarán de forma conxunta e terán percorrer unha distancia dun quilómetro.

Ás 11.30 horas será a quenda dos/as atletas da categoría sub 14 (compiten xuntos homes e mulleres) que terán que percorrer dous quilómetros, mentres que ás 11.55 horas comezará a proba da categoría sub 16, que percorrerán unha distancia de tres quilómetros. Neste caso tamén participan xuntos os/as atletas das categorías feminina e masculina. A última proba será ás 12.20 horas, correspondente á categoría absoluta que percorrerán cinco quilómetros.

Os/as participantes deberán acceder á Cámara de chamadas provistos dun documento de identificación oficial ou licenza federada en formato dixital con foto antes do peche da mesma. De non ser así, non poderá participar salvo causa xustificada e aceptada polo xuíz árbitro da competición. Os atletas deberán saír á zona de competición coa camiseta e os dorsais postos. O peche da cámara de chamadas será 10 minutos antes da proba.

Os/as tres primeiros/as atletas clasificados/as das categorías sub 10, sub 12, sub 14, sub 16, sub 18, sub 20, absoluta e máster recibirán unha medalla conmemorativa, sendo de obrigado cumprimento acudir ao protocolo de entrega de premios.

Restricións de tráfico e aparcamento
Debido á celebración de dita proba haberá restricións de tráfico e aparcamento. Deste xeito, este domingo, 24 de marzo, estará prohibido estacionar no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro dende 8:00 ata as 15:00 horas. Así mesmo, as rúas por onde transcorre dito campionato estarán cortadas ao tráfico entre as 10:15 e as 13:15 horas. Estas rúas son Travesía do Porto, rúa dos Agriños, parte da rúa Pardiñeiros e parte da avenida do Muíño Vello.

Máis de 100 atletas participan este domingo no I Trofeo de Marcha en Ruta 2024

Multimedia

  • Máis de 100 atletas participan este domingo no I Trofeo de Marcha en Ruta 2024