A compañía de teatro Os Quinquilláns trae á Casa da Cultura de Milladoiro a obra Language Planning, unha comedia áceda baseada nos relatos de “Made in Galicia” de Sechu Sende. A representación terá lugaro venres, 8 de outubro ás 20:30 horas. A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. É de balde e os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal.
Lucho Penabade e Tero Rodríguez sóbense ao palco para afondar, dun xeito cómico e retranqueiro, o xeito que os galegos e as galegas temos de remexernos coa lingua na práctica cotiá. A obra fala dunha “languaje planning” que non é outra cusa que “un plan para acabar co galego contra o que as tribos da retranca teñen que loitar con ironía e sentido de supervivencia”.
A función dura 50 minutos e é de balde. Os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal ou ben na Casa da cultura do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo.
Novas relacionadas:
AMSGO: ‘Language Planning’ represéntase este venres no Milladoiro