Solapas principales

A karateka amesá Olivia Parga coróase como Grand Winner da tempada 2025-2026

Domingo, 21 de junio de 2026

A karateka de Ames, Olivia Parga, vén de proclamarse como Grand Winner da tempada 2025-2026 tras a fase final da Liga Galega de karate disputada o pasado sábado, 13 de xuño, na localidade de Cedeira. Deste xeito, a deportista amesá consegue o trofeo por segundo ano consecutivo, o que pon de manifesto a súa gran progresión.

A localidade coruñesa de Cedeira acolleu esta pasada fin de semana a fase final da Liga Galega de karate, unha xornada que serviu para proclamar aos mellores karatekas do país e que coroou aos Grand Winner da tempada 2025-2026. Neste contexto, a karateka do Milladoiro Olivia Parga alzouse con este trofeo. 

Parga disputou tres grandes combates: no primeiro venceu sen complicacións cun contundente 7-0 e no segundo volveu gañar cun sólido 2-0, que a clasificaba para a gran final. Neste último, que foi moi disputado, non logrou a vitoria, mais tampouco perdeu: 1-1. 

Con todo este traballo e despois de sumar os puntos de toda a tempada, a deportista de Ames conseguiu por segundo ano consecutivo o trofeo de Grand Winner, unha fazaña que pon de manifesto a súa gran progresión deportiva, grazas ao traballo conxunto coa súa adestradora Ruth Lorenzo.

Logo desta competición, Parga terá un breve descanso antes de encarar a última parte desta tempada, na que viaxará ata Elche para disputar a segunda xornada da Liga Nacional e intentar clasificarse para a fase final da Liga Nacional española.

A karateka amesá Olivia Parga coróase como Grand Winner da tempada 2025-2026

Multimedia

  • A karateka amesá Olivia Parga coróase como Grand Winner da tempada 2025-2026