Solapas principales

Inscríbite e participa nos xogos populares en bici do sábado 18

Jueves, 16 de septiembre de 2021

A Concellaría de Mobilidade, para celebrar a III Semana de Mobilidade, organiza unha xornada de xogos populares en bici o sábado 18 de setembro. A actividade celebrarase, no aparcadoiro de Agriños, fronte á Escola de Infantil do Milladoiro, de 17:00 ata as 20:00 horas. Os nenos e nenas, de 4 a 12 anos, que queiran participar, deberán levar a súa bicicleta, casco e cubrebocas. Ademais, aínda hai prazas na marcha ciclista nocturna do venres 17. Para inscribirte en calquera das dúas xornadas, deberás enviar un email a mobilidade@concellodeames.gal.

A III Semana da Mobilidade comeza o venres 17 coa Marcha ciclista nocturna e a Escola de Bici. O sábado 18 organízarase unha xornada de xogos populares en bici dirixidos por catro monitores/as especializados/as en dinamización de actividades lúdicas, da empresa Anacos Proxectos Socioeducativos e Culturais.

Cada participante deberá levar auga e unha pequena merenda, xa que, se fará un descanso. Todos/as participantes serán agasallados cunha pequena mochila da "Curuxa Maruxa"

Marcha ciclista nocturna

Aínda hai prazas libres para participar na marcha ciclista nocturna do venres 17 de setembro.  Sairá ás 22:00 horas da Praza do Concello. Serán 8 km con boa iluminación e un traxecto sinxelo pensado para que poida participar toda a familia.

Inscríbite e participa nos xogos populares en bici do sábado 18

Multimedia

  • Inscríbite e participa nos xogos populares en bici do sábado 18