Solapas principales

Inscríbete nos cursos de iniciación ao piragüismo que se desenvolverán este verán na praia fluvial de Tapia

Viernes, 19 de junio de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as nados entre o 2006 e o 2012. Esta actividade impartirase os luns, mércores e venres, en horario de 11.00 a 12.15 horas. O prazo para apuntarse xa está aberto. Ofértanse 20 prazas para cada mes. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Se hai uns días se anunciaba que o Concello de Ames organiza cursos de natación para os meses de xullo e agosto, agora toca falar dos cursos de iniciación ao piragüismo que se levarán a cabo durante os meses de verán na praia fluvial de Tapia. Estas actividades serán impartidas polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e contan coa colaboración da Deputación da Coruña.

Todas as persoas que desexen iniciarse ou perfeccionar a súa técnica poderán participar nestes cursos de piragüismo. Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas nados entre o 2006 e o 2012 que desexen iniciarse neste deporte. Estes cursos impartiranse nos meses de xullo e agosto, os luns, mércores e venres, en horario de 11.00 a 12.15 horas. O prazo para apuntarse xa está aberto. Ofértanse 20 prazas para cada mes. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal. No momento da inscrición hai que especificar o mes ou os meses que o/a usuario/a vai asistir. Haberá que enviar o impreso federativo, fotocopia do DNI e unha fotografía. Unha vez feita a inscrición, o técnico de deportes enviaralle ao usuario/a o impreso de inscrición por correo electrónico.

O prezo desta actividade é de 30 euros para un mes e 50 euros para os dous meses. Para participar nestes cursos é imprescindible saber nadar. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 619 842 504.

Cartel dos cursos de iniciación ao piragüismo

Multimedia

  • Cartel dos cursos de iniciación ao piragüismo