Solapas principales

Inscríbete e participa na primeira carreira de orientación que se celebrará o domingo 24 de abril

Lunes, 11 de abril de 2022

A Concellaría de Deportes, a través de Xesta Natureza, organiza para o vindeiro domingo, 24 de abril, ás 10.30 horas, a primeira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que se desenvolverá na área deportiva de Bertamiráns. Haberá tres categorías distintas: Xestiñas (categoría para nenos/as), Xestas (categoría para adultos) e Xesteiras (categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación). Poderase participar de xeito individual ou en grupo (máximo de 4 participantes por equipo). As inscricións son de balde e pódense facer premendo nesta ligazón. Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 644 567 614, escribir un correo electrónico a info@xestanatureza.com ou visitar a páxina web www.xestanatureza.com.

A Concellaría de Deportes, a través da entidade Xesta Natureza, organiza para o vindeiro domingo, 24 de abril, a primeira carreira de orientación do Concello de Ames. É a primeira vez que a Concellaría de Deportes organiza esta nova proba deportiva que se desenvolverá de 10:30 a 13:30 horas. O pavillón polideportivo de Bertamiráns establécese como punto de ubicación: https://goo.gl/maps/ePU35QXaVZ8oL754A.

Unha carreira de orientación é unha competición individual, campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible, pasando por puntos determinados no terreo ou balizas. Esta carreira de orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa. Pódese facer a inscrición (ata 4 participantes por equipo), elixindo algunha das seguintes categorías:

-Xestiñas: categoría para nenos/as, sinxela física e tecnicamente (menos de 3 quilómetros en total).
-Xestas: categoría para adultos, nivel físico e técnico medio (menos de 4 quilómetros en total).
-Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5 quilómetros en total).

As persoas que queiran participar de xeito individual deben facer as inscricións por separado. As saídas serán graduadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto. As inscricións son de balde e pódense facer premendo nesta ligazón. Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 644 567 614, escribir un correo electrónico a info@xestanatureza.com ou visitar a páxina web www.xestanatureza.com.

A organización facilitaralles aos/as participantes unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Débese completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta. Ao rematar a proba poderanse consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código QR que irá impreso no mapa. Será imprescindible o uso da mascarilla en todo momento, salvo no propio intre do desenvolvemento da actividade (dende a saída ata a chegada).

Cartel da primeira carreira de orientación que se celebrará o domingo 24 de abril

Multimedia

  • Cartel da primeira carreira de orientación que se celebrará o domingo 24 de abril