Solapas principales

Inscríbete e participa na Escola da maiores de Bertamiráns

Miércoles, 15 de octubre de 2025

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores de Bertamiráns, coordinada pola Oficina de Voluntariado de Ames e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar nesta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Nestas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura ou as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán o vindeiro luns, 27 de outubro, e rematarán a finais de xuño.

Durante as últimas semanas a Oficina de Voluntariado de Ames está poñendo en marcha diferentes actividades e programas. Unha delas é a Escola de maiores do Milladoiro e de Bertamiráns. Na actualidade está aberto o prazo de inscrición na Escola integral de maiores de Bertamiráns.

As persoas maiores de 60 anos que queiran participar nesta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.

As clases da Escola de maiores de Bertamiráns impartiranse os luns e mércores, en horario de 12:00 a 13:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Uxía García, explica que “este é un programa que funciona moi ben e que, ano tras ano, nos achega moita satisfacción. A escola de maiores do Milladoiro comezou a funcionar o pasado 3 de outubro e as clases en Bertamiráns está previsto que comecen o 27 de outubro. Esta é unha actividade de socialización e empoderamento, a través da aprendizaxe e da adquisición de competencias básicas”.

Espazo para aprender, divertirse e socializar 
A Escola integral de maiores é un espazo para aprender, divertirse e compartir no que se ofrecen clases para todas aquelas persoas de Ames que non tiveron oportunidade de continuar a súa educación básica. Os dous mestres voluntarios repasarán co alumnado a lectura e comentario de textos, a escritura ou conceptos matemáticos sinxelos. Ambos teñen experiencia na materia.

A poesía ou a música, un chisco de historia ou xeografía tamén serán temas a tratar nas clases, que se complementarán con charlas ou saídas. O curso rematará cun acto a finais do mes de xuño nun dos centros socioculturais que preparará o propio alumnado, ao que se lle entregará un diploma acreditativo.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Empoderamiento en Ames con su Escola de maiores para las dos urbes"

Inscríbete e participa na Escola da maiores de Bertamiráns

Multimedia

  • Inscríbete e participa na Escola da maiores de Bertamiráns