Solapas principales

Iniciado o expediente sancionador polo atraso na execución das obras do novo comedor do CEIP A Maía

Lunes, 30 de noviembre de 2020

A Xunta de Goberno local vén de aprobar o pasado xoves, 26 de novembro de 2020, o inicio do expediente de imposición de penalidades ao contratista adxudicatario, por demora na execución das obras do novo comedor do CEIP A Maía. O contratista terá un prazo de 10 días hábiles a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes, antes de que se fixen as penalidades correspondentes.

Cómpre lembrar que o 24 de maio de 2019 a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación da obra de construción do novo comedor do CEIP da Maía, que contaba cun orzamento de execución por contrata de 454.580,82 euros. Este proxecto, incluído dentro do Orzamento municipal de 2019, foi sufragado con fondos propios do Concello de Ames. Tramitado o expediente de licitación, a Xunta de Goberno Local do 12 de setembro de 2019 adxudicou a realización das obras ao contratista Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA.

Posteriormente, o 23 de setembro de 2020 procedese á formalización do contrato, que tiña un prazo de execución de catro meses a contar desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do replanteo que foi asinada o 12 de novembro de 2019, polo que a finalización das obras estaba prevista para o 12 de marzo de 2020. A piques de finalizar o prazo, o pasado 10 de marzo de 2020 a empresa contratista solicitou unha ampliación de dito prazo ata o día 31 de xullo 2020 e, posteriormente, ata o 31 de agosto de 2020.

Deste xeito, a Xunta de Goberno Local do 20 de agosto de 2020 autorizou unha segunda ampliación de prazo, de carácter improrrogable, ata o 31 de agosto de 2020. Transcorridos tres meses dende a data de finalización da segunda prórroga o Concello de Ames, en Xunta de Goberno Local, aprobou este pasado xoves, 26 de novembro, o inicio do expediente sancionador por demora na execución de ditas obras.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Expedientan a la empresa encargada del nuevo comedor del CEIP A Maía"

La Voz de Galicia: "Ames abre expediente sancionador a la empresa que construye el nuevo comedor del colegio A Maía"

Compostela 24Horas: "Iniciado o expediente sancionador polo atraso na execución das obras do novo comedor do CEIP A Maía"

Lindeiros: "Expediente polo retraso no comedor do CEIP A Maía de Ames"

Comedor do CEIP da Maía.