Solapas principales

A improvisación oral en verso encheu o Auditorio de Galicia nunha gala na que se entregaron os premios do Enreguéifate 2025

Lunes, 19 de mayo de 2025

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu esta mañá a gala de entrega de premios da oitava edición do certame Enreguéifate, o proxecto impulsado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para fomentar a improvisación oral en verso en lingua galega. En representación do Concello de Ames acudiu o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto, e o persoal do SNL. O alumnado do IES do Milladoiro recibiu o premio á regueifa máis inclusiva, polo traballo realizado en colaboración co CEE Manuel Navalón. O vídeo premiado denomínase Radio Regueifa Inclusiva “Somos diferentes, somos referentes” e nel o alumnado de ambos os dous centros regueifa conxuntamente e a través das ondas para demandar inclusión, diversidade, respecto e non discriminación.

Preto dun milleiro de persoas participaron nesta festa regueifeira conducida polo mestre, músico e regueifeiro Manolo Maseda; o mestre, escritor e regueifeiro Séchu Sende; e as formadoras do Enreguéifate Lupe Blanco, O Rabelo, Nuria das Cruces e Xairo d’Herbón. Unha gala accesible en lingua de signos que contou coa asistencia dunha vintena de colexios e institutos de toda Galicia, amais dunha representación de bertsolaris do País Vasco. A xornada foi amenizada tamén pola Orquestra da Regueifa, formada por estudantes do IES do Milladoiro de Ames, o IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela e o IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, así como pola música das Pandeireteiras do Camballón, alumnas do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces.

Os premios do certame Enreguéifate foron entregados da man de Maruxa Suárez, concelleira de Cultura de Carballo; María Vázquez, concelleira de Educación, Muller, Igualdade, Diversidade e Lingua de Teo; Blas García, alcalde do concello de Ames; e Pilar Lueiro, tenente de alcaldesa de Santiago de Compostela.

Na categoría xeral, entregáronse os galardóns á Regueifa máis brava, a Paco Felípez e Óscar García, con "Veciños ben levados" (Carballo e Malpica); a Regueifa máis aguda, para Arrieiro e Chaminho pola súa "Video-regueifa atlántica" (Malpica e A Coruña); a Regueifa máis diversa, para a Escola da Regueifa de Carballo, con "A nosa propia melodía" (Carballo); a Regueifa máis reivindicativa, para as Ministras por "Se nós fósemos ministras" (Pontevedra); a Regueifa mellor falada, ex aequo para Guerreiras regueifeiras, "Cidades galegas" (Santiago de Compostela), e Iria e Javi, "Vivan as nosas poetas" (Santiago de Compostela); a Regueifa mellor cantada, que foi para a Asociación Cultural Coro Virxe da Renda (Poio) polo seu vídeo "Cantar e desfrutar"; e a Regueifa máis inclusiva, entregada aos Teiseiros Regueifeiros co seu "Non hai quen viva! Regueifa do alugueiro" (Centro de Inclusión Fundación da Santa Cruz en Vigo).

Na categoría escolar, a Regueifa máis brava foi para Os falabarato, “CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo” (Carballo); a Regueifa máis aguda para o grupo 6º B Quiroga Palacios, coa súa "Regueifa do banquete" (CEIP. P. Cardeal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela); o premio á Regueifa máis diversa levárono as Regueifeiras do Rosalía coa "Regueifa pola diversidade" (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, Santiago de Compostela); a Regueifa máis reivindicativa foi para as Regueifeiras do Camballón, co vídeo "Altri non! Mina non!" (IES Marco do Camballón, Vila de Cruces); a Regueifa mellor falada para o grupo A cuarta revolta, coa regueifa "Continuemos co legado" (CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños); a Regueifa mellor cantada para as Regueifeiras de Dodro, "Emoción ou razón?" (CPI Eusebio Lorenzo Baleirón Tarrío, Dodro); a Regueifa máis inclusiva entregóuselle ao grupo Radio Regueifa Inclusiva, con "Somos diferentes, somos referentes" (IES do Milladoiro / CEE Manuel Navalón, Ames e Santiago de Compostela); e a Regueifa máis entroideira foi para As Entroideiras, co vídeo "O Entroido galego" (CEIP San Martiño, Pontevedra).

Á gala asistiron ademais integrantes do equipo técnico dos Servizos de Normalización Lingüística e unha representación política dos concellos impulsores do Enreguéifate. Tamén a responsable de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra, xa que o acto celebrado no Auditorio de Galicia foi unha celebración conxunta coa Regueifesta, no seu décimo aniversario, e o Regueibertso, un programa apoiado pola Deputación da Coruña que procura a sensibilización lingüística e a difusión da regueifa e o bertsolarismo entre a xente nova. Xurdido en 2016 dentro do Proxecto Regueifesta, colectivo educativo da Asociación ORAL, o Regueibertso consiste nun intercambio entre alumnado improvisador de Galicia e do País Vasco. Este ano, a convivencia entre máis de 70 escolares regueifeiras e bertsolaris tivo lugar en Santiago de Compostela durante esta pasada fin de semana.

A improvisación oral en verso encheu o Auditorio de Galicia nunha gala na que se entregaron os premios do Enreguéifate 2025

Multimedia

  • A improvisación oral en verso encheu o Auditorio de Galicia nunha gala na que se entregaron os premios do Enreguéifate 2025