Solapas principales

Gran participación e ambiente no VII Día do Deporte celebrado no Milladoiro

Lunes, 22 de septiembre de 2025

Este pasado venres, 19 de outubro, a área deportiva do Milladoiro acolleu a sétima edición do Día do Deporte, unha xornada na que pretende achegar distintas disciplinas deportivas e promover así o deporte e a actividade física entre a veciñanza. Este evento contou coa colaboración da Deputación da Coruña.

Un ano máis, o Concello de Ames, dende a Concellaría de Deportes, organizou o Día do Deporte, unha xornada na que toda a veciñanza puido gozar e probar diferentes disciplinas deportivas. Ademais de fomentar a actividade física, o Día do Deporte é unha ocasión ideal para que todas as persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben cal é a súa disciplina idónea, teñen a oportunidade de poder probar e escoller a que máis lles guste no Día do Deporte de Ames. 

Na súa sétima edición, o evento contou cunha gran participación por parte da veciñanza e, sobre todo, contou cun ambiente familiar, fomentando así a actividade física e as rutinas saudables entre os máis cativos. Así mesmo, todas as persoas que participaron en, polo menos, seis actividades, recibiron selos que lles permitiron recibir un agasallo na carpa de organización.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, puxo en valor a iniciativa pois “esta xornada ten como obxectivo trasladar á rúa parte das actividades que se desenvolven dentro das escolas deportivas municipais así como no programa ‘Ponte en forma’ e tivo unha gran acollida por parte da veciñanza, xa que moita xente se achegou e participou nas diferentes actividades. Para nós o fundamental é incentivar a todos os veciños e veciñas de tódalas idades a realizar actividade física, pois é un dos piares fundamentais para levar unha vida saudable”.

Actividades do VII Día do Deporte
Esta sétima edición, contou cunha ampla oferta deportiva. Por un lado, houbo actividades dirixidas: aerozumba, spinning e baile moderno, que forman parte da programación das escolas deportivas municipais. Por outro lado, desenvolvéronse actividades de atletismo, organizadas polos dous clubs amesáns desta disciplina, o club Ames Atletismo e o club Atletismo Millaraio.

Continuando con outras disciplinas, houbo actividade de baloncesto, impartida polo club Basquet Ames; fútbol sala, a cargo do F.C. Meigas; patinaxe, que impartiron conxuntamente o club Patinaxe Sarela e o CPA Omega; xincanas de ciclismo, que correron a cargo do Velostar Escola de Ciclismo; ou xadrez, impartida pola Escola Ames Xadrez.

Tamén houbo oco para o piragüismo, que se desenvolveu ao longo de toda a xornada na piscina descuberta do Milladoiro e estivo impartida polo club Ribeiras do Tambre. Así mesmo, tamén se impartiu taekwondo, por Tkdenodo Ames, ximnasia rítmica da man do Club Ximnasia Ames e tamén judo. Ao longo de toda a xornada houbo inchables para os máis pequenos na zona verde do Milladoiro.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Ames celebra o Día do Deporte por todo o alto"

DÍA DO DEPORTE AMES | Ames celebra o Día do Deporte por todo o alto

Diario de Santiago: "El Concello de Ames reúne a cientos de vecinos en una jornada deportiva y familiar"

Gran participación e ambiente no VII Día do Deporte celebrado no Milladoiro

Multimedia

  • Gran participación e ambiente no VII Día do Deporte celebrado no Milladoiro