Solapas principales

Gran actuación do Ames Atletismo Savante no Campionato de España de marcha atlética en ruta por federacións

Martes, 17 de febrero de 2026

Os/as atletas do Ames Atletismo Savante realizaron unha gran actuación no campionato de España de marcha atlética en ruta por federacións celebrado o pasado domingo, 15 de febreiro, en Cieza. Participaron 4 atletas do Ames Atletismo, sendo o club que máis atletas aportou á selección galega. Nicolás Collazo fixo unha gran carreira logrando o subcampionato de España sub20 e o récord galego sub20 dos 10 km marcha en ruta. Ademais, na proba de 10 km marcha sub20 tamén participaron Nadir Moreira e Icía Ares. Por último, destacar a gran actuación do amesán Juan Pernas na proba de 5 km marcha sub16, onde co resto de compañeiros da selección galega gañaron a competición por equipos.

O club Ames Atletismo Savante obtivo moi bos resultados a pasada fin de semana en Cieza (Murcia) no Campionato de España de marcha atlética en ruta  por federacións. O Ames Atletismo participou con 4 atletas sendo o club que máis marchadores aportou á selección galega en dita competición.

Na proba de 10 km marcha en ruta, o amesán Nicolás Collazo realizou unha gran carreira logrando o subcampionato de España sub20 e mailo récord galego sub20. Cómpre destacar que o pasado 25 de xaneiro, Nicolás Collazo conseguiu a medalla de ouro sub20, e ademais, logrou ser campión galego absoluto no campionato galego de marcha en ruta.

Ademais, na proba de 10 km marcha sub20 tamén participaron Nadir Moreira e Icía Ares, marchadora do Ourense Atletismo, pero que forma parte do grupo de adestramento do Ames Atletismo, que logrou a quinta posición na categoría feminina. Tamén hai que lembrar, que no campionato galego, Nadir Moreira logrou a medalla de bronce na categoría sub20, e Icía Ares conseguiu un dobre éxito coa medalla de ouro na categoría sub20 e o subcampionato galego absoluto.

Por último, destacar a gran actuación do amesán Juan Pernas na proba de 5 km marcha sub16, onde co resto de compañeiros da selección galega gañaron a competición por equipos.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Buena actuación de los deportistas del Ames Atletismo en el Campeonato de España"

Gran actuación do Ames Atletismo Savante no Campionato de España de marcha atlética en ruta por federacións

Multimedia

  • Gran actuación do Ames Atletismo Savante no Campionato de España de marcha atlética en ruta por federacións