Solapas principales

A foliada das Letras do CEIP A Maía pecha as actuacións celebradas no marco do Modo Galego Actívao!

Sábado, 31 de mayo de 2025

O venres 23 de maio o CEIP A Maía celebrou as Letras Galegas 2025 cunha foliada participativa amenizada polos diferentes grupos das escolas tradicionais de Bugallido, tanto de nenos e nenas como de persoas adultas. Ademais destes grupos convidados, as mestras cantareiras do CEIP A Maía tocaron e cantaron varias pezas e o alumnado do centro acompañounas cantando e bailando. O Servizo de Normalización Lingüística municipal colaborou con esta actividade integrada no marco das actuacións do programa Modo Galego Actívao! que se lle ofreceron aos centros educativos de infantil e primaria.

O pasado venres 23 de maio o CEIP A Maía foi unha festa, pois todo o alumnado do centro participou na foliada das Letras. Esta actividade participativa estivo amenizada polos diferentes grupos, tanto de nenos e nenas como de persoas adultas, das escolas tradicionais das asociacións de Bugallido. Xunto cos grupos convidados, as mestras cantareiras tocaron e cantaron varias pezas acompañadas do alumnado do centro.

O Servizo de Normalización Lingüística municipal colaborou tanto nesta actividade como no resto das actuacións que se lle ofreceron aos centros educativos de infantil e primaria para pechar dun xeito lúdico e festivo o programa Modo Galego Actívao!

Actuacións en todos os colexios de infantil e primaria participantes no Modo Galego

O proxecto “Modo galego, actívao!”, que desenvolve o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames coa Real Academia Galega, puxo o peche á súa programación de actividades deste curso escolar, coa celebración dunha serie de actuacións musicais nos centros educativos amesáns.

A primeira foi no CEIP Agro do Muíño o pasado 10 de marzo. Nesta xornada, os nenos e nenas do Agro do Muíño e da EEI de Ortoño puideron gozar da proposta musical de Pablo Díaz e Olga Kirk, unha foliada para cantar e bailar temas de música tradicional no que se incluíron algunhas coplas das cantareiras homenaxeadas o Día das Letras Galegas.

No mes de abril, o mércores 23, foi a quenda do CEIP de Barouta e da EEI de Covas. O alumnado destes dous centros asistiu á actuación “A Landra Viaxeira e o amigo Lambón” de Os Jalochos, unha proposta musical que ten como fío condutor unha viaxe pola natureza de Galicia na procura de festa.

Xa neste mes de maio, o venres 23 desenvolvéronse dúas actuacións. No Milladoiro Pablo Díaz e Olga Kirk, co espectáculo de música tradicional “Cantareiras e tradición oral”, puxeron a cantar e a bailar o alumnado da EEI do Milladoiro. E en Bertamiráns os grupos das escolas tradicionais de Bugallido participaron na foliada das Letras que organizou o CEIP da Maía.

Esta serie de concertos, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames en colaboración cos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros educativos, teñen como obxectivo promover e apoiar o uso do galego na socialización da infancia, achegar referentes lúdicos en lingua galega e favorecer que as crianzas asocien o galego con actividades divertidas e de lecer.

A foliada das Letras do CEIP A Maía pecha as actuacións celebradas no marco do Modo Galego Actívao!

Multimedia

  • A foliada das Letras do CEIP A Maía pecha as actuacións celebradas no marco do Modo Galego Actívao!