Solapas principales

A Festa do Comercio e o Roteiro dos Petiscos de Bertamiráns continúan durante esta semana tras o éxito rexistrado nas primeiras xornadas

Lunes, 12 de noviembre de 2012

[12-11-2012] Durante toda a fin de semana, máis de 50 comercios e establecementos hostaleiros de Bertamiráns acolleron e ofreceron os seus produtos aos veciños e visitantes que participaron nas primeiras xornadas da Festa do Comercio e do Roteiro dos Petiscos, unha iniciativa organizada polo Concello de Ames en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB). Os petiscos variados e os descontos e sorpresas no comercio continuarán esta semana e incluirán o sorteo de premios.

O concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, fixo esta mañá “un balance moi positivo” do primeiro fin de semana da Festa do Comercio e do Roteiro dos Petiscos, no que se rexistrou unha importante afluencia de público nos locais hostaleiros e comercios da localidade. Bernardo Moar destacou que se achegaron ata Ames persoas doutros concellos da comarca, atraidas polos descontos nos comercios e polos petiscos.

O concelleiro subliña, ademais, que estas dúas iniciativas permitiron dinamizar o comercio e a hostalería de Bertamiráns, coincidindo coas celebracións do Magosto e do mercadillo. Moar tamén agradeceu a implicación dos empresarios, que colaboraron activamente no éxito destas actividades.

Estas actividades, que se celebran por primeira vez, tiveron moi boa acollida entre o sector comercial e hostaleiro amiense. Un total de 40 comercios están participando activamente na Festa do Comercio e 15 locais hostaleiros conforman o Roteiro dos Petiscos. A través destas iniciativas, estanse levando a cabo importantes descontos nas tendas de Bertamiráns e pódese gozar dos petiscos que serven os bares desta mesma localidade. Con estas actuacións, preténdese impulsar o sector hostaleiro e comercial local.

As iniciativas realízanse, de forma conxunta, entre os sectores hostaleiro e comercial de Bertamiráns. Os organizadores son o Concello de Ames, a través da concellaría de Comercio e Promoción Económica, e a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB). Ademais, contan coa colaboración e patrocinio de Tenda R Bertamiráns, Auto Continental, Grupo 8x8 Sistemas de Seguridad, Gadis, Reyca Cocina, Casa do Fidalgo e Milar, distribuidor de electrodomésticos.

Festa do comercio
A Festa do Comercio desenvolverase durante toda a semana, ata o sábado 17 de xeito ininterrompido, en 40 comercios e establecementos de Bertamiráns. O obxectivo é dar a coñecer o comercio desta localidade, que ofrece descontos e promocións especiais. Por cada compra que se realice nestes comercios os clientes teñen a oportunidade de participar no sorteo de agasallos. Hai que cumprimentar un cupón cos datos persoais de cada persoa que realiza unha compra e a continuación depositalo nos buzóns habilitados para tal fin en cada comercio.

Os comercios e establecementos que participan na Festa do Comercio son Cousas da Terra, La Cesta Natural, Yoigo, Perfumería Jazmín, Ámbito Multiespacio, Territorio Tejano, A Solaina das grandes mulleres, Lolita Moda, Carnicería Corzán, Queens, Patagonia, Organza Decoración, Calzados Miranda, Doopy´s Moda, Haldeta Moda, Núa Moda e Complementos, Carola Moda, SanLuis Óptico, Asador Bidueiro, Ropa de rebajas.com, Calzamoda Romeu, Duende Azul, A Tenda de Fraber, Tenda R, Coket@s, Óptica Enríquez, Óptica Hermo, Ortopedia Hermo, Vainilla & Chocolate Clothing, Mica, Modas Marlo Lencería, Eva Hogar, Blanco & Negro, Susana Bello Peluquería, Panadería Xallas, Carnicería Suso, Milar Reyca, Coren Grill, Zapatería Tris-Tras e Óptica Zaera.

Ademais, o Roteiro dos petiscos continuará a vindeira fin de semana nos locais Mesón de Mella, Don Budi, Val da Mahía, Bobber Café, Tropic Burguer, Cervecería New York, In Vino Veritas, Cafetería Ventos, Gonzaletxu Tapas Bar, Café Bar Plaza, La Bodeguilla, Cervecería Estela, A Charca Café Bar, Parada 8 e Cafetería Paseo. Os petiscos presentados ao concurso serán servidos de forma gratuíta. Os establecementos participantes deberán servir os petiscos, como mínimo, entre as 13:00 h. e as 15:00 horas, e entre as 20:30 h. e as 23:30 horas.

Elección do mellor petisco
Os veciños e veciñas que participen no Roteiro poderán puntuar os petiscos que consuman. Deste xeito, será a clientela a que decida o establecemento gañador. Cada cliente disporá dun libriño onde aparecen os 15 locais que conforman a Roteiro dos Petiscos e os camareiros dos locais participantes irán selando este libriño cada vez que o cliente pida unha consumición en cada establecemento.

Os clientes que pasen por todos os locais que forman o Roteiro dos petiscos participarán no sorteo de diversos agasallos. Para elo deberán de recortar a zona do libriño que conta cos selos dos 15 establecementos e os datos do cliente, así como do establecemento gañador. Unha vez feito isto haberá que depositalo nos buzóns que estarán dispoñibles en todos os locais de hostalería. O prazo de votación dará comezo o día 9 e rematará o 18 de novembro, coincidindo coas datas de inicio e final do concurso.

Os premios que se sortearán son un televisor de 14 pulgadas (Milar Reyca); dúas entradas para un circuíto termal no Hotel Balneario de Compostela; unha estancia nunha Casa de turismo rural na Casa do Fidalgo; un xamón reserva (carnicería Corzán); un lacón asado (Coren Grill); un vale de 40 euros no Asador Bidueiro; un menú de fin de semana para dúas persoas no Tropic Burguer; un vale dun euro diario durante un mes na panadería Xallas; un vale de 40 euros en Blanco & Negro; unha sesión de estudio e seis fotos en J. Troitiño; unha sesión de fisioterapia na Clínica Domingo Antón; un vale de 30 euros na carnicería Suso; unha sesión de tratamento, corte e secado en Susana Bello Peluquería; unha almofada de viaxe (Sant-Yago Promociones); tres cursos de persoal shopper online en somosasesoresdeimagen.com; e un mes de clases de inglés na Charles Dickens Academy.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "A Festa do Comercio e o Roteiro dos Petiscos de Bertamiráns continúan durante esta semana"