Solapas principales

Éxito de participación na quinta campaña de Zocos e Trasnos

Viernes, 15 de enero de 2021

Neste Nadal, 187 trasnos repartiron os agasallos que pediron case 200 zocos e zocas (nenos e nenas). Anotáronse 25 veciños e veciñas máis que nos anteriores anos, achegando ese agasallo aos dous “Puntos Trasnos”. O departamento de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é a encargado de organizar dita campaña.

200 nenos e nenas de Ames recibiron os seus agasallos o día de Reis grazas a campaña “Zocos e Trasnos”. Esta iniciativa, que se desenvolveu por quinto ano consecutivo, foi organizada pola Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, dependente da Concellería de Benestar Social. O seu obxectivo é que ningún neno/a de Ames quede sen agasallo o día de Reis, gracias á colaboración dos trasnos. Estes últimos, son veciños e veciñas voluntarias que achegarán un agasallo de Reis a cadanseu zoquiño/a.

Este ano, por mor da pandemia provocada pola Covid-19, moitas familias do concello están a pasar unha situación máis crítica que noutras situacións. Isto viuse reflectido nos datos de demanda de agasallos, que superou ao dos anos anteriores. Non obstante, 25 persoas máis que no 2019 colaboraron como trasnos, axudantes dos Reis Magos e motores do proxecto, que foron os encargados de entregar os agasallos nos chamados “Puntos Trasnos”.

O persoal do departamento de Benestar Social é o encargado de recoller as cartas escritas polas crianzas aos Reis Magos. Estas cartas chegan aos trasnos a través dun correo electrónico, dunha mensaxe de whatsapp ao móbil ou mesmo en man, acompañadas dun código de identificación da nena ou neno (non se dan nomes nin apelidos).

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destaca que “estamos moi ledos porque aínda que na campaña deste ano se superaron todas as previsións, polo momento de crise que estamos a vivir, a veciñanza amesá demostrou unha vez máis a súa solidariedade e xenerosidade superando amplamente o número de trasnos. Colaboraron 25 persoas máis das que precisabamos. Queremos agradecer a todas as persoas que nos axudaron e convidalas a que sigan colaborando cos servizos sociais e voluntariado para que ninguén veciño, nin veciña quede atrás e menos os nenos e nenas”.

 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia:"La magia de Zocos e Trasnos volvió a brillar en Ames"

Campaña Zocos e Trasnos.

Multimedia

  • Campaña Zocos e Trasnos.
  • Campaña Zocos e Trasnos.
  • Campaña Zocos e Trasnos.