Solapas principales

Este venres, 13 de outubro, celebrarase un pleno extraordinario sobre o modelo de xestión da recollida do lixo de Ames

Jueves, 12 de octubre de 2023

Este venres, 13 de outubro de 2023, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario solicitado polos grupos municipais do BNG e de Espazo Común, no que se debaterá sobre o modelo de xestión da recollida do lixo de Ames e solicitarase información sobre as actuacións realizadas pola Alcaldía coa Mancomunidade Serra do Barbanza. Debido ás obras que se están a realizar no salón de Plenos do Concello de Ames, a sesión celebrarase no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O Pazo da Peregrina acollerá este venres 13 de outubro, ás 10.00 horas, un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá sobre o modelo de xestión da recollida do lixo de Ames. Tamén se falará sobre as actuacións realizadas pola Alcaldía coa Mancomunidade Serra do Barbanza. Esta sesión plenaria foi solicitada polos grupos municipais do BNG e de Espazo Común.

Deste xeito, darase conta das xestións que está realizando o Goberno municipal coa Mancomunidade Serra do Barbanza. Cómpre lembrar que en xullo de 2022 o alcalde, Blas García, e mailo concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, achegáronse a Mancomunidade do Serra do Barbanza, en Lousame, onde mantiveron unha xuntanza co que aquel momento era o presidente da Mancomunidade, Juan Manuel Saborido, e co xefe da planta da empresa FCC, Luís Fernández.

En dita xuntanza, o Concello de Ames solicitou información sobre a situación da Mancomunidade e tamén se falou da posibilidade de que Ames pasase a entrar como socio de pleno dereito, sempre e cando se cumprisen unha serie de requisitos plantexados en dita reunión.

O Goberno municipal mantén a intención de que o Concello de Ames pase a ser socio de pleno dereito da Mancomunidade, sempre e cando se cumpran os requisitos plantexados. Algúns destes requisitos son que o Concello de Ames dende a súa entrada como socio de pleno dereito cara atrás estea liberado e non teña responsabilidade algunha nos procedementos xudiciais que ten abertos a Mancomunidade coa empresa FCC, agás naquelas nas que o Concello de Ames teña unha responsabilidade directa. Outro do requisitos expresados é que debe haber unha mellora do funcionamento do servizo de recollida do lixo, a través da profesionalización dos recursos humanos cos que conta a Mancomunidade.

Imaxe de arquivo do salón de plenos