Solapas principales

Este sábado, 7 de marzo, celébrase unha Xunta de Goberno Local aberta ao público para elixir os membros das mesas electorais para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril

Viernes, 06 de marzo de 2020

Este sábado, 7 de marzo, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o sorteo, de xeito aleatorio, das persoas que ocuparán as 35 mesas electorais de Ames nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o domingo, 5 de abril. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir. Un total de 24.275 persoas poderán votar en Ames. O persoal do Concello será o encargado de notificarlle a cada persoa que saía elixida que forma parte dalgunha das mesas electorais.

Máis de 24.000 persoas están chamadas ás urnas en Ames nas vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. Este sábado, 7 de marzo, ás 10:00 horas, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local para elixir ás persoas que ocuparán as 35 mesas electorais do Concello de Ames nas próximas eleccións, que se celebrarán o día 5 de abril. O censo electoral amesán incrementouse en 234 persoas respecto das anteriores eleccións xerais celebradas o 10 de novembro de 2019.

Este proceso levarase a cabo de xeito aleatorio e para iso empregarase un sistema informático no que se meten todas as persoas censadas con dereito a voto que hai no municipio amesán e, de xeito automático, procederase ao sorteo para determinar os integrantes das mesas electorais. Dita Xunta de Goberno Local, que se realizará no salón de plenos da Casa do Concello, será aberta a toda a veciñanza que queira acudir.

Praza do Concello