Solapas principales

Este domingo, 2 de xuño, dispútase o XXXVIII Trofeo de fútbol Concello de Ames

Sábado, 01 de junio de 2019

Este domingo, 2 de xuño, pola tarde dispútase o XXXVIII Trofeo de fútbol Concello de Ames 2019 no campo municipal do Milladoiro. Este ano decidiuse xuntar todo o torneo nun mesmo día cun formato triangular. Ás 17.30 horas disputarase o primeiro partido entre o Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD. A continuación, ás 18.30 horas, xogarase o segundo partido entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC, mentres que o terceiro partido do triangular disputarase ás 19.30 entre o Milladoiro SD e o Biduído SR. O equipo que máis puntos sume será o gañador do torneo. A entrada é gratuíta.

Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amesá posto que xa se levan organizadas trinta e oito edicións. Neste torneo participan os equipos federados de Ames que teñen equipo sénior.

Este ano son tres os equipos que participan nesta competición (Biduído SR, Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD). Durante este temporada o Bertamiráns FC competiu na primeira autonómica, o Milladoiro SD en segunda, e o Biduído SR en terceira. Dito torneo disputarase no campo de fútbol municipal do Milladoiro.

Nesta edición do Trofeo de fútbol optouse por xuntar toda a competición nun mesmo día cun formato triangular, no que os tres equipos participantes enfrontaranse entre si. Cada equipo disputará dous partidos de 45 minutos. Despois de cada encontro haberá que disputar unha quenda de cinco penaltis.

Ás 17.30 horas disputarase o primeiro partido entre o Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD. A continuación, ás 18.30 horas, xogarase o segundo partido entre o Biduído SR e o Bertamiráns FC, mentres que o terceiro partido do triangular disputarase ás 19.30 entre o Milladoiro SD e o Biduído SR. O equipo que máis puntos sume será o gañador do torneo. A entrada ao campo é gratuíta.

Para este torneo os equipos poden contar cos xogadores que xa tiñan fichados para as súas respectivas ligas. Cada club puido inscribir para este trofeo un máximo de 25 xogadores e tivo que presentar, xunto coa solicitude de inscrición, a copia de todas as fichas que inscribiu. Ademais, estará permitido xogar con cadetes maiores de 15 anos, aínda que o club non dispoña de equipo en categoría xuvenil.

Este domingo, 2 de xuño, dispútase o XXXVIII Trofeo de fútbol Concello de Ames

Multimedia

  • Este domingo, 2 de xuño, dispútase o XXXVIII Trofeo de fútbol Concello de Ames