Solapas principales

Esta semana volven as sesións de contacontos para os máis pequenos nas bibliotecas municipais

Lunes, 05 de febrero de 2024

Mañá martes, 6 de febreiro, comezan as sesións de contacontos organizadas polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames. Estas propostas de animación á lectura entre o público infantil están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, e vanse desenvolver tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

As bibliotecas de Ames retoman co novo ano as súas sesións de contacontos para a animación á lectura entre o público infantil. Deste xeito, súmanse aos tradicionais Encontros Literarios dirixidos a público adulto que se celebran no Pazo da Peregrina para presentar diversas obras literarias.

“Ensalada de contos” é o nome do contacontos co que as bibliotecas municipais inauguran estas actividades mañá martes, 6 de febreiro, ás 17:30 horas na biblioteca municipal do Milladoiro. Esta proposta fará tres paradas en cada núcleo urbano: os días 6, 7 e 8 de febreiro estará no Milladoiro; e o 20, 21 e 22 de febreiro en Bertamiráns.

Programación de contacontos
Desta volta, presentáronse catro propostas de contacontos, que se celebrarán mensualmente entre febreiro e maio, e que terán lugar tanto na biblioteca municipal de Bertamiráns como na do Milladoiro. Haberá tres sesións ao mes en cada unha delas, sempre a partir das 17:30 horas.

“Un, dous, tres contamos outra vez!” estará na biblioteca do Milladoiro os días 5, 6 e 7 de marzo, e na de Bertamiráns o 19, 20 e 21 do mesmo mes. Posteriormente, chegará a Ames “As cores do arco da vella”: no Milladoiro os días 2, 3 e 4 de abril; e en Bertamiráns o 16, 17 e 18 de abril.

Xa en maio celebrarase “Croco-contos”, con tres sesións no Milladoiro os días 14, 15 e 16 e outras tres en Bertamiráns os días 28, 29 e 30.

Inscricións
Os interesados en participar en calquera destas actividades deben anotarse previamente no prazo indicado, enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indique nome, apelidos e idade das crianzas que vaian acudir, e un teléfono de contacto. Así mesmo, tamén é posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829 (para as sesións de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (para as sesións do Milladoiro).

O prazo de inscrición para cada unha das sesións pode consultarse nesta ligazón.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "As bibliotecas de Bertamiráns e Milladoiro fomentan a lectura cun novo ciclo de contacontos"

Esta semana volven as sesións de contacontos para os máis pequenos nas bibliotecas municipais

Multimedia

  • Esta semana volven as sesións de contacontos para os máis pequenos nas bibliotecas municipais