Solapas principales

Esgotadas as 2800 tarxetas bono da campaña Merc@mes, témolo todo!

Miércoles, 20 de octubre de 2021

O pasado sábado 16 de outubro esgotáronse as 2800 tarxetas que a Concellaría de Promoción Económica puxo en circulación o 15 de setembro. Nun mes vendéronse  1000 tarxetas de 50 euros e 1800 de 100 euros, o que fai un total de 230.000 euros dirixidos á promoción do comercio e da hostalaría local nesta segunda fase da campaña. O volume de negocio entre as dúas fases da campaña ascende a 430 mil euros.

As 238 últimas tarxetas-bono da campaña Merc@mes, témolo todo! Vendéronse o pasado sábado 16 de outubro nunha carpa instalada na Praza da Maía. Esta segunda fase da campaña puxo en circulación 2800 tarxetas, 1000 tarxetas de 50 euros e 1800 de 100 euros.

Ademais a 17 de outubro xa se investiran 145.657 euros no comercio local. As tarxetas Bono-Reactiva Ames que a Concellaría de Promoción Económica puxo en circulación o 15 de setembro utilizáronse en 190 establecementos de Ames, xerando unha media de 766 euros de negocio en cada un deles. Realizáronse unha media de preto de 200 operacións diarias, investindo case catro mil euros ao día.

No que vai de campaña realizáronse 5729 operacións. Cómpre salientar que o récord de vendas produciuse o día 1 de outubro en que os clientes gastaron no comercio local 7 589 euros en 251 establecementos. A esta cifra hai engadirlle cinco xornadas en que se superaron os 6.000 euros de vendas. Os pequenos establecementos de comercio, coma tendas de deporte ou librarías, seguidos dos restaurantes  e das tendas de alimentación (froiterías e carnicerías) acumulan as maiores cifras de facturación.

Esta segunda parte da campaña prolongarase ata o 15 de novembro.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz quixo agradecer o traballo e a colaboración de todos os sectores implicados nesta campaña “agradecer unha vez máis  ás asociacións de empresarios o traballo realizado de forma desinteresada polos establecementos amienses. Agradecer tamén aos traballadores da Concellaría de Promoción Económica o traballo que están facendo para que a campaña Merca@mes saia adiante”. E engadiu “é unha boa nova o remate das tarxetas e, tamén, que estea tan repartido nos distintos sectores do concello”.

O presidente de XEA, Jorge López, valorou moi positivamente esta segunda fase de Merc@mes “os comerciantes de Ames están moi satisfeitos con como está a funcionar esta campaña. Dende XEA só podemos estar a favor da campaña pois a venda de tarxetas bono anima á xente a mercar en Ames, así que, por nós que haxa máis campañas”. E engadiu “a compra estivo moi repartida o cal é moi beneficioso para o comercio local. Destaca a venda de libros e material deportivo ao coincidir co inicio do curso escolar pero, tamén, o sector da alimentación coa compra en carnicerías e froiterías”.

Campaña Merc@mes, témolo todo!
O volume de negocio entre da campaña ascende a 430 mil euros, dos que 230.000 euros se corresponden coa segunda fase da campaña para a promoción do comercio e da hostalaría local que comezou o 15 de setembro. A campaña pon a disposición dos usuarios unha tarxeta-bono Reactiva Ames, que é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma.

O Concello de Ames inviste 92.000 euros en axudas directas á adquisición de bonos para incentivar as compras nos establecementos comerciais do concello. Ditos bonos funcionan como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN. Ademais, estas tarxetas poderán ser utilizadas en futuras promocións do Concello de Ames.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Furor en A Maía: agotan en un mes las tarjetas bono Merc@mes"

Esgotadas as 2800 tarxetas bono da campaña Merc@mes, témolo todo!