Solapas principales

A escolas infantís O Bosque e A Madalena celebraron o pasado venres as súas festas de Entroido

Martes, 21 de febrero de 2023

As escolas infantís O Bosque e A Madalena celebraron o pasado venres, 17 de febreiro, as súas respectivas festas de Entroido. Na Escola Infantil Municipal do Bosque as temáticas dos disfraces foron distintos monstros, mentres que na Escola Infantil Municipal da Madalena se vestiron de pallasos e arlequíns. Ambos centros gozaron dun Entroido moi participativo coa presenza de numerosas familias, que tamén se animaron a acudir disfrazadas.

A Escola Infantil Municipal O Bosque elixiu como temática de Entroido para este ano os monstros. A escola conta con oito aulas diferentes, e tanto o alumnado como o profesorado de cada unha delas se vestiu dun monstro diferente para o desfile que tivo lugar pola mañá.

Xa pola tarde tivo lugar unha festa aberta aos familiares dos e das cativos/as. Así, cada un foi disfrazado do que quixo, e rapaces, pais e nais gozaron dunha tarde con merenda incluída e con moita festa, na que o tempo acompañou.

A igual que na escola do Bosque, a rapazada da Escola Municipal da Madalena tamén gozou da súa festa da Entroido. Este ano os nenos e nenas vestíronse de arlequíns, a excepción do grupo de 0 a 12 meses, que foron de pallasos. Todos gozaron tamén dunha colorida e animada celebración.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Un Entroido sen idade cheo de premios e xogos para toda a comarca"

Alumnado e profesorado da escola A Madalena

Multimedia

  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Alumnado e profesorado da escola A Madalena
  • Entroido na Escola Municipal Infantil O Bosque
  • Entroido na Escola Municipal Infantil O Bosque