Solapas principales

A Escola Municipal de Música de Ames abre un novo prazo de inscrición para as prazas que quedaron libres

Martes, 28 de octubre de 2025

A Escola Municipal de Música de Ames abre un prazo extraordinario de inscrición para que as persoas que estean interesadas poidan inscribirse nas prazas que quedaron libres para o curso 2025-2026. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais.

Tras abrir un período de renovación de matrícula e de novas altas, a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), fai públicas as prazas que aínda quedan libres de cara ao vindeiro curso 2025-2026. As prazas serán adxudicadas por orde de rexistro de entrada da solicitude correspondente. Podes descargar o impreso de solicitude nesta ligazón.

A actividade de Música e Movemento facilita que a rapazada amplíe o seu vocabulario e practique as súas destrezas motoras. Ao cantar, os nenos e nenas aprenden naturalmente ao son das letras, e as rimas espértanlles a imaxinación. Por outra banda, a materia axuda a mellorar a coordinación dinámica xeral cos ritmos musicais, afianza o desenvolvemento de determinadas capacidades, como a coordinación psicomotriz e a coordinación audio-motora, e desenvolve e amplía as posibilidades e experiencias corporais do ritmo, a coordinación e o movemento.

As clases de instrumento son individuais, de media hora á semana. Unha vez adquiridos certos coñecementos, e previa consulta co profesor, poderase participar en clases grupais dese mesmo instrumento e formar parte das distintas agrupacións musicais da escola.

Prazas dispoñibles
-Música e movemento nados no 2020; horario luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas: 7 prazas libres.

-Música e movemento, nados no 2021; horario luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas: 8 prazas libres.

Nestas clases dirixidas aos máis pequenos, os contidos e obxectivos a acadar son, entre outros:
• A discriminación auditiva das distintas características do son.
• Un repertorio de cancións infantís, populares e tradicionais.
• Hábitos de escoita e descubrimento do mundo sonoro.
• Actividades rítmicas que desenvolvan aspectos psicomotrices.
• Introdución ás figuras rítmicas básicas así como á notación musical.

-Batería: 1 praza:  de 7 anos en diante. As clases de instrumento son individuais de media hora á semana.

Tamén quedan prazas libres en varios grupos de linguaxe musical, tanto para rapaces/as (de 7 anos en diante), como para adultos. Os horarios desta especialidade dependerán da idade e dos coñecementos dos solicitantes. Estas clases grupais, son de unha hora á semana.

Desde a Escola Municipal de Música de Ames, poñeranse en contacto coas persoas que obteñan praza, para a formalización da matrícula. Este novo alumnado comenzará as clases no mes de novembro.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "A Escola Municipal de Música de Ames abre un novo prazo de inscrición para as prazas que quedaron libres"

A Escola Municipal de Música de Ames abre un novo prazo de inscrición para as prazas que quedaron libres

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música de Ames abre un novo prazo de inscrición para as prazas que quedaron libres