Solapas principales

A Escola Municipal de Música de Ames abre este venres o prazo de renovación de praza para o alumnado matriculado neste curso

Miércoles, 30 de abril de 2025

A partir do vindeiro venres, 2 de maio, estará aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames  (EMMA) poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2025-2026. A solicitude poderase realizar ata o venres 9 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.

A Escola de Música de Ames (EMMA) abre desde o 2 ao 9 de maio o prazo de renovación de matrícula de cara ao novo curso 2025-2026, dirixido ao alumnado que se atope cursando estudos na escola nestes momentos. Pola súa banda, as datas para a inscrición do alumnado de novo ingreso anunciaranse nos vindeiros días, sendo estas entre finais de maio ou comezos de xuño.

Desta maneira, todo o alumnado que non estea exento de pagamento de matrícula (véxanse as exencións no Artigo 7 da Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música de Ames) recibirá un correo electrónico dos Servizos de Recadación do Concello de Ames coa autoliquidación da taxa correspondente, e terá de prazo para o seu pagamento ata o 10 de maio.

Para a renovación da praza, as persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e entregalo na Sede electrónica do Concello de Ames, dirixida á Concellaría de Cultura - Escola Municipal de Música de Ames; ou ben facelo de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro.

O alumnado que por idade remata a materia de Música e Movemento, está citado o día 14 de maio, ás 18:10, na aula 7 das instalacións da EMMA, para realizar a adxudicación de prazas. Esta adxudicación será por sorteo, ao que será imprescindible asistir para escoller praza e horario.

Para obter máis información pódese contactar directamente coa EMMA a través do enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal, ou ben a través do teléfono 981 535 940, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Fin de curso
Por outra banda, as clases do curso actual, 2024-2025, rematan o vindeiro 20 de xuño e o concerto de fin de curso da EMMA, celebrarase o mércores 18 de xuño, no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.

Nesta liña, o pasado venres 25 de abril, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o cuarto Encontro das Escolas de Música, “Música na praza”, que este ano contou coa participación do alumnado da propia EMMA e as escolas de Muros e Caldas de Reis. O concerto tamén contou coas actuacións das gañadoras do certame “Quero cantar” na categoría xuvenil, Emma e Candela, e o gañador na categoría infantil do mesmo concurso, Gael.

Este encontro pretende crear un espazo no que compartir a paixón pola música ao mesmo tempo que o alumnado das diferentes escolas aprenden entre eles. Ao longo da velada, o alumnado das escolas de música interpretou varias pezas dunha gran variedade de xéneros musicais, gozando así dunha gran xornada de música en directo. 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Escola de Música de Ames abre o prazo de renovación"

Diario de Santiago: "A Escola Municipal de Música de Ames abre este venres o prazo de renovación de praza para o alumnado matriculado neste curso"

A Escola Municipal de Música de Ames abre este venres o prazo de renovación de praza para o alumnado matriculado neste curso

Multimedia

  • A Escola Municipal de Música de Ames abre este venres o prazo de renovación de praza para o alumnado matriculado neste curso