Solapas principales

A Escola Municipal de Música conta con prazas libres para o curso 2023-2024

Martes, 19 de septiembre de 2023

A Escola Municipal de Música (EMMA) informa de que conta con prazas libres para as disciplinas de música e movemento e de frauta traveseira no curso 2023-2024, tras rematar o período de inscrición extraordinario o pasado luns, 11 de setembro. As persoas que aínda estean interesadas en participar nalgunha destas modalidades poderán anotarse ao longo do curso, cubrindo a ficha para anotarse e enviándoa a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais.

Tras abrir un prazo de inscrición extraordinario, que rematou o pasado luns, 11 de setembro, a EMMA fai públicas as vacantes que aínda quedan dispoñibles.

Prazas dispoñibles
- MÚSICA E MOVEMENTO (nacidos no ano 2018):
Luns e mércores (en horario de 17:30 a 18:30): 8 prazas.
- MÚSICA E MOVEMENTO (nacidos no ano 2019):
Luns e mércores (en horario de 18:30 a 19:30): 1 praza.
- FRAUTA TRAVESEIRA: 4 prazas.

A actividade de Música e Movemento facilita que a rapazada amplíe o seu vocabulario e practique as súas destrezas motoras. Ao cantar, os nenos e nenas aprenden naturalmente ao son das letras, e as rimas espértanlles a imaxinación. Por outra banda, a materia axuda a mellorar a coordinación dinámica xeral cos ritmos musicais, afianza o desenvolvemento de determinadas capacidades, como a coordinación psicomotriz e a coordinación audio-motora, e desenvolve e amplía as posibilidades e experiencias corporais do ritmo, a coordinación e o movemento.

As clases de instrumento son individuais, de media hora á semana. Unha vez adquiridos certos coñecementos, e previa consulta co profesor, poderase participar en clases grupais dese mesmo instrumento e formar parte das distintas agrupacións musicais da escola.

Inscricións
As vacantes poderán completarse ao longo do curso escolar. Os/as interesados/as deben cubrir a ficha de inscrición e mandala a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén se pode facer nos rexistros municipais ou a través de calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude en rexistro.

O alumnado que reciba confirmación de que obtivo unha praza deberá confirmala pagando o importe da matrícula. Para facelo, recibirá a través do seu correo electrónico unha folla de auto-liquidación, que tamén se pode recoller na oficina de recadación do Concello de Ames ou na propia oficina da Escola de Música na Casa da Cultura do Milladoiro. Unha vez pagada a matrícula, débese enviar o xustificante de pagamento ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.

Cartaz das prazas libres da Escola de Música