Solapas principales

Escola de Verán bota a andar en xullo con 364 nenas e nenos

Martes, 02 de julio de 2019

Ames pon en marcha unha nova edición do programa de conciliación Escola de Verán, a través do que a Concellaría de Educación busca facilitarlle ás familias a conciliación entre a vida laboral e familiar durante a época estival. Nesta primeira quincena de xullo están a participar un total de 364 nenos e nenas, dos cales 168 o fan en Bertamiráns e 196 no Milladoiro. Ao longo do verán, hai previsto que 481 rapaces e rapazas asistan á Escola de Verán 2019 en ambos núcleos.

Escola de Verán é un programa de conciliación que pretende ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre aos nenos e nenas do concello de Ames no período estival, cunha ampla oferta de actividades dirixidas a fomentar a convivencia, a tolerancia e a integración. Ao abeiro desta iniciativa, as cativas e cativos participan durante o s meses de xullo e agosto en diversos xogos e exercicios a través dos que se busca que aprendan a valorar e gozar da actividade física e o respecto polo contorno, sempre dende o punto de vista lúdico e creativo.

Durante o mes de xullo, os participantes da Escola de Verán continuarán a traballar o arte urbano, tema que tamén se tratou durante o Xuño Lúdico. Durante as vindeiras semanas, os nenos e nenas mergullaranse en profundidade nesta temática a través de actividades relacionadas coa elaboración de graffitis, parkour, o baile e a música urbana.

Esta primeira semana, o protagonista é o parkour, que consiste en moverse ao tempo que se superan todos os obstáculos urbanos que se atopan no camiño dunha maneira rápida e fluída. Para elo, os cativos están a realizar diversos exercicios físicos co obxectivo de perfeccionar a súa técnica e axilidade. Ademais, tamén está previsto que reciban a visita de persoas que practiquen o parkour para coñecer de primeira man en que consiste esta disciplina.

Por outra banda, as seguintes semanas xirarán en torno á música, os graffitis ou o skate, entre outras disciplinas. Así, os rapaces e rapazas participarán en diversas actividades enfocadas no traballo en equipo, o exercicio e a diversión. Ademais, estas actividades e dinámicas complétanse con xogos de distensión, speak and play, xogos na natureza, xogos cooperativos, diverciencia e moitas alternativas para gozar un verán diferente.

Portada Escola de Verán 2019

Multimedia

  • Escola de verán 2019
  • Escola de verán 2019