Solapas principales

A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner

Miércoles, 25 de junio de 2025

Esta pasada fin de semana celebrouse na cidade de Soutomaior a cuarta e última xornada da Liga Galega de Karate 2025, unha cita que puxo o peche a unha tempada moi positiva para a Escola Dokkodo. Deste xeito, o club amesán conseguiu rematar a xornada no noveno posto do medalleiro, oito medallas e, finalmente, tres Grand Winner. 

O pasado sábado 21 de xuño, Soutomaior acolleu a cuarta e última xornada da Liga Galega de Karate 2025. Nesta xornada, a Escola Dokkodo participou con oito deportistas e, unha vez máis, amosou un gran nivel competitivo e rematou entre os dez primeiros clubs do medalleiro, conseguindo oito medallas (tres ouros, dúas pratas e tres bronces) e tres Grand Winner. 

O club amesán conseguiu grandes resultados en ámbalas dúas modalidades, kata e kumite. Os logros máis destacados en kata viñeron da man de Tiago Blanco, que acadou o ouro en Alevín Masculino Avanzado; Bruno Varela, prata en Infantil Masculino Iniciación; e Martín Carballo, bronce en Xuvenil Masculino Iniciación. 

Por outra banda, na modalidade de kumite, a Escola Dokkodo conseguiu os seguintes resultados: Raúl Rodríguez, ouro en Cadete Masculino <63kg Avanzado; Iván Carballo, ouro en Infantil Masculino <30kg Iniciación; Bruno Varela, prata en Infantil Masculino >45kg Avanzado; Jadel Rodríguez, bronce en Infantil Masculino >45kg Avanzado; Martín Carballo, bronce en Xuvenil Masculino <36kg Avanzado; Tiago Blanco, diploma en Alevín Masculino <34kg Avanzado; Xián Blanco, diploma en Infantil Masculino <45kg Avanzado; e Santiago Ribas, diploma en Kumite Xuvenil Masculino <42kg Avanzado. 

Peche da tempada con 3 Grand Winner
Nesta derradeira cita da Liga Galega de Karate decidíronse os títulos de Grand Winner da tempada, outorgados aos karatekas que remataran no primeiro posto da competición. Finalmente, a Escola de Karate Dokkodo acadou tres títulos de Gran Winner, conseguidos por Tiago Blanco, na modalidade de Kata Alevín Masculino; Raúl Rodriguez, na modalidade de Kumite Cadete Masculino <63kg; e Xián Blanco, en Kumite Infantil Masculino <45kg. 

Xunto cos éxitos e medallas conseguidas ao longo deste ano, a tempada estivo chea de aprendizaxes, traballo e esforzo para os deportistas da Escola Dokkodo. Ademais da cita celebrada en Soutomaior do pasado 21 de xuño, esta semana realizaranse os exames de grao e o evento de “Karate en Familia”.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "Dokkodo queda entre os dez primeiros da Liga Galega de Kárate"

Diario de Santiago: "A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner"

A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner

Multimedia

  • A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner
  • A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner
  • A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner
  • A Escola de Karate Dokkodo remata a tempada con tres títulos de Grand Winner