Solapas principales

A Escola de Karate Dokkodo oferta xornadas de portas abertas neste inicio da temporada 2025-2026 no mes de setembro

Lunes, 25 de agosto de 2025

A escola amesá de karate Dokkodo inicia a partir deste vindeiro mes de setembro unha nova tempada deportiva con xornadas de portas abertas, que se desenvolverán en Bertamiráns  e en Bembibre de luns a xoves. Os participantes poderán probar a práctica do karate sen necesidade de contar con experiencia previa. Para máis información e inscricións pódese premer nesta ligazón.

A Escola de Karate Dokkodo abre as inscricións para a nova a temporada 2025-2026, que comeza neste vindeiro mes de setembro. Ademais, o club amesán oferta xornadas de portas abertas para que as persoas interesadas en coñecer o karate e explorar a súa práctica poidan ter un primeiro contacto con este deporte. As clases impartiranse tanto en Bertamiráns, na Casa da Cultura, como en Bembibre, no ximnasio de secundaria do CPI. 

No caso de Bertamiráns, de luns a xoves haberá portas abertas de karate alevín e infantil os luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas; clases de karate xuvenil e cadete tamén os luns e mércores, de 19.00 a 20.00 horas; os martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas será a quenda do karate de adultos (dende os 16 anos); e os xoves, de 17.00 a 17.50 será o karate de iniciación (de 4 a 7 anos). Por outra banda, en Bembibre impartiranse clases de karate infantil os luns e mércores de 18.00 a 18.50 horas. Para participar non é preciso ter experiencia previa.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo premendo nesta ligazón. As prazas son limitadas. Para contactar coa escola pódese chamar aos teléfonos 696 677 311 ou 609 043 664, ou escribir ao enderezo electrónico karatedokkodo@gmail.com ou ás súas redes sociais Facebook e Instagram.

Novas relacionadas:

Diario de Compostela: "A Escola Dokkodo abre portas en Ames con clases gratuítas de karate"

A Escola de Karate Dokkodo oferta xornadas de portas abertas neste inicio da temporada 2025-2026 no mes de setembro

Multimedia

  • A Escola de Karate Dokkodo oferta xornadas de portas abertas neste inicio da temporada 2025-2026 no mes de setembro