Solapas principales

A escola amesá Dokkodo ofrece xornadas de portas abertas de karate no mes de setembro

Martes, 20 de agosto de 2024

A escola amesá de karate Dokkodo inicia a partir do mes de setembro unha nova tempada deportiva con xornadas de portas abertas, que se desenvolverán na localidade de Bertamiráns de luns a xoves. Os participantes poderán probar a práctica do karate sen necesidade de contar con experiencia previa. Para máis información e inscricións pódese premer nesta ligazón.

As persoas interesadas en coñecer o karate e explorar a súa práctica poden participar a partir do mes de setembro nas xornadas de portas abertas da escola amesá de karate Dokkodo. As clases impartiranse tanto en Bertamiráns como en Bembibre. No caso de Bertamiráns, de luns a xoves haberá portas abertas de karate infantil e xuvenil (luns e mércores de 18:30 a 19:30 horas, martes de 18:30 a 19:30 horas, e xoves de 18:00 a 19:00 horas), de iniciación para cativos entre 4 e 7 anos (de 17:00 a 17:50 horas) e de adultos (martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas). En Bembibre as clases impartiranse os luns e mércores. Haberá karate infantil de 18:00 a 18:50 horas. Para participar non é preciso ter experiencia previa.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo premendo nesta ligazón. As prazas son limitadas. Para contactar coa escola pódese chamar aos teléfonos 696 677 311 ou 609 053 664, ou escribir ao enderezo electrónico karatedokkodo@gmail.com ou ás súas redes sociais Facebook e Instagram.

A escola amesá Dokkodo ofrece xornadas de portas abertas de karate no mes de setembro

Multimedia

  • A escola amesá Dokkodo ofrece xornadas de portas abertas de karate no mes de setembro