Solapas principales

Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"

Miércoles, 24 de enero de 2024

O local da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) acolleu este pasado martes, 23 de xaneiro, o acto de entrega dos premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. As premiadas foron Desireth Tirado Colina, de Eirapedriña, que recibiu un vale de 300 euros; Ana María Cortizo Rarís, do Milladoiro, que foi premiada cun vale de 100 euros; e Lizaida Carrillo Balsa, de Bertamiráns, que recibiu outro vale por valor de 100 euros. Os vales son para realizar compras nos establecementos comerciais adheridos a XEA. Nesta quinta edición houbo 42 participantes.

O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o presidente de Xuntanza de Empresarios de Ames, Jorge López, e maila xerente de XEA, Beatriz López, foron os encargados de entregar os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. O acto realizouse este pasado martes, 23 de xaneiro, ás 20.00 horas, no local de XEA, que está situado na rúa do Pedregal, en Bertamiráns.

Este certame está organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración coa Concellería de Promoción Económica do Concello de Ames, e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayuela. Esta iniciativa ten o obxectivo de dinamizar os establecementos locais, fomentando o achegamento da cidadanía ás rúas más comerciais do concello. Para participar na campaña había que realizar dúas fotografías en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro.

Nesta edición mantívose a participación respecto da edición anterior con 42 participantes. Na cuarta e quinta edición duplicouse a participación respecto das tres primeiras edicións. Nesta quinta edición as premiadas foron Desireth Tirado Colina, de Eirapedriña, que recibiu un vale de 300 euros; Ana María Cortizo Rarís, do Milladoiro, que foi premiada cun vale de 100 euros; e Lizaida Carrillo Balsa, de Bertamiráns, que recibiu outro vale por valor de 100 euros. Os vales son para realizar compras nos establecementos comerciais adheridos a XEA.

Previamente ao acto de entrega de premios, o pasado 17 de xaneiro realizouse o sorteo dos tres premios incluídos nesta edición da campaña “Ilumina o teu sorriso”. Ao sorteo asistiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o presidente da Xunta de Empresarios de Ames, Jorge López, a xerente de dita asociación, Beatriz López, así como Ramón Cordido, en representación de La Rayuela. Os números agraciados foron o 27 asignado a Desireth Tirado Colina; o número 5 correspondente a Ana María Cortizo Rarís; e mailo número 8 de Lizaida Carrillo Balsa.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, deulle os parabéns as tres gañadoras e mostrouse moi satisfeita pola boa acollida que tivo este ano a campaña Ilumina o teu sorriso entre a veciñanza de Ames e visitantes da contorna. “Este ano mantívose a participación respecto do ano pasado con máis de 40 participantes, o que indica que este concurso xa é coñecido entre a veciñanza. O que se busca con este certame é dinamizar as nosas rúas e percorrer o noso concello usando os elementos decorativos instalados este Nadal”. Así mesmo, agradeceu a XEA que organice este concurso ano tras ano para axudar ao comercio e a hostalaría locais

Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"

Multimedia

  • Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"
  • Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"
  • Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"
  • Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"
  • Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"
  • Entréganse os premios da quinta edición da campaña de promoción do comercio local "Ilumina o teu sorriso"
  • Números gañadores do sorteo "Ilumina o teu sorriso"
  • 1º premio: Desireth Tirado Colina
  • 1º premio: Desireth Tirado Colina
  • 2º premio: Ana María Cortizo Rarís
  • 2º premio: Ana María Cortizo Rarís
  • 3º premio: Lizaida Carrillo Balsa
  • 3º premio: Lizaida Carrillo Balsa