Solapas principales

Entréganse os premios da cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”

Sábado, 04 de febrero de 2023

As instalacións do Centro Dental Macía, no Milladoiro, acolleron esta semana o acto de entrega da cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. As premiadas foron Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibiu un teléfono móbil Samsung Galaxy A13, e Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 euros gastar en comercios amesáns adheridos a XEA. Os premios foron entregados por Javier Macía e Jorge López e Beatriz López, presidente e xerente de XEA. Nesta edición participaron 44 persoas no concurso.

A cuarta edición da campaña “Ilumina o teu sorriso”, estivo organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, o centro dental Macía e o estudo de deseño gráfico e imaxe de marca La Rayuela. Esta iniciativa ten o obxectivo de dinamizar os establecementos locais, fomentando o achegamento da cidadanía ás rúas más comerciais do concello. Para participar na campaña había que realizar dúas fotografías en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro.

Nesta edición duplicouse a participación respecto de edicións anteriores con 44 participantes. Esta semana realizouse o acto de entrega dos premios nas instalacións do Centro Dental Macía, no Milladoiro. As premiadas foron Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibiu un teléfono móbil Samsung Galaxy A13, e Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 euros gastar en comercios amesáns adheridos a XEA. Os premios foron entregados por Javier Macía e Jorge López e Beatriz López, presidente e xerente de XEA. A dito acto tamén asistiu a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e Ramón Cordido, en representación de La Rayuela.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, deulle os parabéns as tres gañadoras e mostrouse moi satisfeita pola boa acollida que tivo este ano a campaña Ilumina o teu sorriso entre a veciñanza de Ames e visitantes da contorna. “Este ano duplicouse a participación o que indica que este concurso xa é coñecido entre os veciños e veciñas e cada ano que pasa participan máis persoas. Ademais, esta iniciativa serve de medio de difusión das demais campañas que se desenvolven para favorecer o tecido empresarial de Ames”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Campaña de promoción del comercio de Ames"

Imaxe de familia cos gañadores

Multimedia

  • Entréganse os premios da cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”
  • Entréganse os premios da cuarta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”