Solapas principales

Empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021 optan a 120 mil euros en axudas do plan Ames Progresa

Viernes, 21 de enero de 2022

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe, venres 21 de xaneiro, as bases reguladoras e a convocatoria das últimas subvencións do plan Ames Progresa, dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local. Nesta ocasión, poderán solicitar estas axudas as empresas e profesionais autónomos que pecharan parcialmente entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, por mor da situación epidemiolóxica e das restricións vixentes no momento do peche. O prazo de presentación de solicitudes é de trinta días naturais a contar dende mañá, sábado 22 de xaneiro. O Concello investirá 120 mil euros nestas subvencións, que serán dun máximo de 1.500 euros.

As persoas e entidades que cumpran cos requisitos establecidos nas bases poderán solicitar a axuda, que servirá para financiar os gastos de mantemento das súas respectivas actividades económicas, entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2021. As subvencións poderán incluír os pagamentos e facturas de alugueiro, luz, telefonía, combustible ou gas, ata un máximo de 1.500 euros.

A publicación da convocatoria no BOP chega despois de que a Xunta de Goberno Local aprobara as bases destas axudas o pasado xoves 30 de decembro de 2021, que suporán un investimento de 120 mil euros do plan Ames Progresa. Este plan foi aprobado no pasado pleno ordinario de xullo para o período 2021-2023, cun orzamento total de 5.756.681,26 euros.

O prazo de presentación das axudas é de 30 días naturais a contar a partir de mañá 22 de xaneiro, o día seguinte á publicación no BOP do extracto da convocatoria e das bases reguladoras. Poderán concorrer á convocatoria microempresas, pemes ou profesionais autónomos, que foran obxecto das medidas de peche parcial entre os meses de xaneiro e outubro de 2021, segundo o establecido na Orde do 3 de decembro de 2020, pola que se estableceron medidas de prevención específicas por mor da evolución da situación epidemiolóxica en Galicia.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinalou que dende o Concello “seguimos traballando para axudar a todas as empresas, comercio e hostalaría que pasaron por momentos difíciles a causa da COVID-19”. Esta convocatoria de axudas chega uns días despois de que arrancara a inscrición de establecementos na nova campaña de tarxetas bono, tamén sufragada con fondos do plan Ames Progresa 2021-23.

Presentación de solicitudes

As solicitudes de axuda deberán presentarse na Sede electrónica do Concello de Ames, seguindo os tres modelos normalizados anexos ás bases e a esta páxina, e acompañándoos da documentación específica indicada. Para realizar o trámite, que debe ser asinado con certificado electrónico, hai que acceder á Sede electrónica e na marxe dereita do portal, debaixo dos apartados de pagos e trámites en liña, premer en Promoción Económica.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "El cese parcial de actividad en el 2021 permitirá optar a ayudas en Ames"

El Correo Gallego: "Trinta días para optar ás subvencións locais dirixidas a manter o emprego"

Empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021 optan a 120 mil euros en axudas do plan Ames Progresa

Multimedia

  • Empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021 optan a 120 mil euros en axudas do plan Ames Progresa
  • Empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021 optan a 120 mil euros en axudas do plan Ames Progresa
  • Empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021 optan a 120 mil euros en axudas do plan Ames Progresa
  • Empresas e autónomos que pecharon parcialmente en 2021 optan a 120 mil euros en axudas do plan Ames Progresa