Solapas principales

A EMMA celebra o 20 aniversario cunha gala na que se abordará o seu pasado, presente e futuro

Jueves, 22 de mayo de 2025

A Escola Municipal de Música de Ames está celebrando durante este curso 2024-2025 o seu vinte aniversario. Como acto de peche vai a celebrar mañá venres, 23 de maio, ás 19.30 horas, unha gala musical no pavillón municipal do Milladoiro. O evento estará dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura. Haberá música a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións. Proxectarase un vídeo conmemorativo e fotos antigas e actuais. Falarase con antigos profesores/as e directores/as, antigo alumnado e familias, alumnado actual, profesorado actual ex-alcaldes e ex-concelleiros que estiveron no goberno municipal durante estes vinte anos. O acto estará presentando por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio. Premendo neste enlace poderás seguir a gala en directo por streaming.

O 15 de novembro de 2004 botou a andar a Escola Municipal de Música de Ames. Durante este curso 2024-2025 o Concello de Ames está celebrando o 20 aniversario da EMMA. Cómpre lembrar que o pasado 15 de novembro de 2024, coincidido co día no que facía 20 anos da creación deste servizo municipal, presentouse no Centro multifuncional de Aldea Nova a nova imaxe corporativa da EMMA, que foi deseñada pola deseñadora gráfica, Doli Folgar.

Ao longo do curso houbo diferentes actividades para conmemorar dito aniversario. Agora, como peche da programación do 20 aniversario da EMMA, vaise celebrar unha gala musical o venres 23 de maio, ás 19.30 horas, no pavillón municipal do Milladoiro. Será un acto ámeno e divertido que estará dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura.

A gala comezará co acto de apertura no que a presentadora, Belén Martínez, fará unha breve mención sobre os 20 anos de historia da EMMA; e haberá unha proxección dun vídeo conmemorativo sobre personalidades que non poden asistir e de fotos antigas e actuais da escola de música. O actual alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacará o traballo realizado na Escola Municipal de Música durante estes 20 anos de traxectoria.

Pasado e recordos
De seguido, darase paso ao primeiro bloque no que se abordará o pasado e mailos recordos. Falarase con antigos profesores/as e directores/as da escola de música como Xosé Carlos Seráns (ex-director); Ana Blanco (ex-directora e actual mestra de linguaxe musical); José Antonio Rodríguez (ex-profesor de guitarra); e Dani Rivero (ex-profesor de percusión).

Neste apartado da gala actuará Xián Ardións (teclado e saxo) e tamén se contará con diversos testemuños de antigo alumnado e das súas familias: María Iglesias (canto); Lía Vázquez (violín); Manuel Rodríguez (canto); Xián Ardións (piano); Clara Lago (nai de alumnado); e Carmen Tronceda (familia de Ángela, frauta). Para pechar este primeiro bloque contarase coa actuación dunha antiga alumna: María Iglesias (voz e teclado).

Presente e comunidade
Neste segundo bloque da gala falarase con alumnado actual e as súas familias: Josefa Fernández (frauta, alumna de máis idade); Catuxa Tobío (música e movemento) e a súa nai Araceli; Marisol Abraira; Cristina Alonso; e Emma Pérez e Candela Caamaño (gañadoras do concurso Quero Cantar).

Tamén se contará coa opinión dos/as profesores/as que imparten aulas actualmente na EMMA como son Ana Blanco (linguaxe musical); Eva Millares (piano); Pilar Martínez (canto); Amaury Quintero (percusión); Sergio Piñeiro (saxo), Noelia Ramos (frauta) e Aga Mainska (violín).

A continuación contarase coa actuación de outro antigo alumno como é Manuel Rodríguez (MRT), para de seguido, dar paso a diversas personalidades locais como son os ex-alcaldes Carlos Fernández e Santiago Amor, así como os ex-concelleiros Xosé Manuel Fernández, Paco Villaverde e David Santomil. Todos eles tiveron un papel fundamental na creación e desenvolvendo da EMMA nos últimos 20 anos.

Futuro e clausura
Na última parte da gala, a actual directora da EMMA, Pilar Martínez, dará unha visión sobre o futuro da escola e dos obxectivos marcados para os vindeiros anos. De seguido, a presentadora, Belén Martínez, terá unhas palabras de agradecemento para todas as persoas que participan na gala, e dará paso ao combo xuvenil, que fará unha actuación coa que se pechará o acto.

A EMMA celebra o 20 aniversario cunha gala na que se abordará o seu pasado, presente e futuro

Multimedia

  • A EMMA celebra o 20 aniversario cunha gala na que se abordará o seu pasado, presente e futuro