- Tematica
O alumnado de violín da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra o vindeiro martes, 24 de marzo, ás 19.30 horas as súas audicións na aula 10 da escola. Os estudantes deste instrumento mostrarán o aprendido nestes dous trimestres do curso académico a familiares e amizades, co obxectivo de favorecer a confianza, a escoita activa e o respecto polo traballo propio e alleo dos alumnos e alumnas.
A Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, organiza estas audicións de final de trimestre para que os alumnos e alumnas mostren aos seus achegados os coñecementos adquiridos durante o curso antes do último terzo do mesmo. Durante as audicións, o alumnado interpretará un repertorio variado que abrangue diferentes estilos.
As audicións da Escola Municipal de Música de Ames constitúen unha parte fundamental do proceso formativo do alumnado, xa que son unha oportunidade para compartir co público o traballo realizado ao longo do curso e para vivir a experiencia do escenario como espazo de aprendizaxe, expresión e encontro.
Nestes concertos participan alumnos e alumnas de distintos e niveis, desde as primeiras etapas de formación ata cursos máis avanzados. Cada interpretación reflicte o esforzo individual, o acompañamento do profesorado e a evolución musical de cada estudante.
Estas audicións non teñen un un carácter competitivo, senón educativo e formativo, favorecendo a confianza, a escoita activa e o respecto polo traballo propio e alleo. A través da música, foméntanse valores como a constancia, a disciplina e o pracer de compartir cultura.
O profesorado destaca a importancia destas audicións como espazo de aprendizaxe e convivencia musical, onde se comparte o esforzo e a ilusión polo violín. Ademais, constitúen unha oportunidade para achegar a música á comunidade e poñer en valor o talento local.






