Solapas principales

Dous mozos do Concello de Ames partiron rumbo a Italia e Irlanda a través do programa Galeuropa do que foi beneficiaria a Asociación Terras de Compostela GDR 19

Martes, 18 de septiembre de 2018

[18-09-2018] A Asociación Terras de Compostela GDR 19, onde está integrado o Concello de Ames, figura como beneficiaria do Programa Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018. Este programa de mobilidade transnacional xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia comprende un conxunto de axudas para a mocidade que ten entre 18 e 30 anos, para realizar prácticas formativas non laborais en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.


Dous mozos de Ames, Nicolás Aguado e Javier Pombo, entre outros participantes da contorna, viaxaron a Irlanda e Italia respectivamente, onde durante dous meses e medio realizarán prácticas en empresas coa finalidade de incrementar as súas posibilidades de inserción laboral, complementar a súa competencia profesional e persoal, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos, ademais de fomentar a autonomía persoal.

Tras un período de inmersión lingüística durante o verán, estes mozos e mozas estarán en contacto coa realidade do mundo laboral, formaranse en empresas para mellorar as súas competencias profesionais e viviran unha fantástica experiencia persoal.

Dende as Concellarías de Promoción Económica e Mocidade “agradecen tanto a oportunidade que brinda o programa Galeuropa, da Xunta de Galicia, como o traballo da Asociación Terras de Compostela coa mocidade da contorna, xa que consideramos que é unha gran oportunidade para mellorar a empregabilidade dos/as mozos/as, aos que lle desexamos moita sorte e os animamos a que aproveiten ao máximo esta experiencia”.



Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Dous mozos de Ames viaxaron a Irlanda e Italia grazas a un programa de mobilidade transnacional"