Solapas principales

A Deputación leva a pleno un investimento de 133.896 euros para construír unha senda peonil en Biduído

Miércoles, 24 de mayo de 2023

A Deputación da Coruña leva ao pleno deste venres, 26 de maio, a aprobación definitiva das obras de construción dunha senda peonil na parroquia de Biduído, que conta cun investimento de 133.896 euros. As obras proxéctanse no viario provincial DP – 0206 á altura do PQ 2+000. As actuacións proxectadas están encamiñadas á creación dun itinerario peonil continuo e segregado cunha lonxitude de 328 metros e 2 metros de ancho.

A actuación proxectada está encamiñada á creación dun itinerario peonil continuo e segregado cunha lonxitude de 328 metros e 2 metros de ancho. O pavimento estará composto de 20 centímetros de xabre e 15 centímetros de formigón desactivado para deixar o árido descuberto.

Tamén se creará unha pequena superficie para facilitar o estacionamento de vehículos entre a senda e a estrada, empregando xabre e formigón con mallazo.

No treito de senda que discorre entre o acceso á igrexa e a súa conexión coa beiravía da estrada acondicionarase o recheo con terra vexetal e a plantación de céspede. A restauración do vexetal dos noiros resultantes do movemento de terras realizarase mediante hidrosementeira.

Para a rede de drenaxe empregarase canalización soterrada de PVC, pozos de rexistro e sumidoiros. No extremo exterior da senda disporase un bordo de delimitación para o encanamento da escorrentía superficial. Será preciso executar a ampliación dunha obra de drenaxe con tubo de formigón armado, arqueta para colector con reixa e embocadura e aletas con encachado de pedra e a cuberta dunha obra de drenaxe mediante unha arqueta de tres parámetros.

As actuacións completaranse coa colocación dunha varanda modular en aceiro inoxidable para a contención dos peóns e 4 bancos formados por dous dados de pedra granítica e asento en listóns de madeira.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A parroquia amesá de Biduído terá un aparcamento miúdo e senda de 328 metros para peóns"

AMS GO!: "A Deputación leva a pleno a construción dunha senda peonil en Biduído"

Enfoques: "Ames contará con una senda peatonal en Biduído"

No treito de senda que discorre entre o acceso á igrexa e a súa conexión coa beiravía da estrada acondicionarase o recheo con terra vexetal e a plantación de céspede

Multimedia

  • As actuacións proxectadas están encamiñadas á creación dun itinerario peonil continuo e segregado cunha lonxitude de 328 metros e 2 metros de ancho
  • As obras proxéctanse no viario provincial DP – 0206