Solapas principales

A Deputación da Coruña convoca un concurso literario para dar a coñecer o patrimonio dos concellos

Lunes, 20 de julio de 2020

Calquera veciño ou veciña de Ames pode participar no concurso “Relatos e fotografías dos Concellos da Coruña”. A  Biblioteca Provincial, en colaboración co departamento de Turismo da Deputación, convocan este certame que ten como obxectivo principal  fomentar o coñecemento e a valorización do patrimonio local. A proposta basease en escribir un relato de entre catro e dez folios e acompañalo de tres fotografías do concello que ilustren a historia. O prazo de entrega finaliza o día 31 de agosto. O premio consiste nunha noite para dúas persoas con cea, almorzo e acceso ao spa no recentemente inaugurado Parador de Muxía.

Apoiar o talento creativo e dar a coñecer a riqueza patrimonial dos concellos son os obxectivos deste concurso que por oitavo ano convocan a Biblioteca Provincial e o departamento de Turismo da Deputación de A Coruña. Poderán participar todas as persoas maiores de idade de xeito libre, agás aquelas que teñan calquera tipo de relación laboral coa Biblioteca Provincial ou a sección de Turismo da Deputación de A Coruña.  

Os participantes deberán escribir un conto de entre catro e dez folios, acompañados dun máximo de 3 fotografías que axuden a ilustrar o relato. Os relatos deberán estar ambientados ou facer referencia ao concello coruñés no que viva o autor. No caso de Ames, os relatos deberán estar localizados ou facer alusión dalgún xeito ao noso concello. A historia local, lendas, tradicións, algún persoeiro destacado, os valores positivos, a riqueza paisaxística, natural, medioambiental e cultural, en definitiva, calquera aspecto que axude a valorizar o concello, pode ser a base das  historias que compitan neste certame.

Os relatos deberán estar escritos en galego ou en castelán, ser inéditos e non ter sido presentados en ningún outro concurso. O texto terá unha extensión mínima de 4 folios e máxima de 10. Deberán estar escritos a dobre espazo de con letra Times New Roman, en corpo 12, tamaño DIN-A4 e unha soa cara. O texto acompañarase dun O texto acompañarase dun mínimo de 1 e un máximo de 3 fotografías relacionadas co relato e localizadas no concello do participante. Poderá acompañarse dun pé de foto explicativo cun máximo de 15 palabras.

O prazo de presentación de relatos remata o 31 de agosto. A presentación deberá facerse a través do correo electrónico. Cada participante enviará unha mensaxe a biblioteca.info@dacoruna.gal, co seu nome e apelidos, concello da provincia desde o cal participa e no que se ambienta o relato e as fotografías, teléfono de contacto e enderezo postal. Como arquivos adxuntos, deberá enviarse o relato en formato doc, docx ou odt e as fotografías dixitais en formato jpg, cun máximo de 3MB.

Cada persoa poderá participar cantas veces queira, enviando un correo electrónico por cada participación. Preme aquí para ver as bases do certamen.

Cartaz do certame