Solapas principales

Dende o 2 de maio recóllese documentación para outras administracións na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Milladoiro

Jueves, 11 de mayo de 2023

O Concello de Ames dispón de dúas Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro (OAMR), unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns, nas que se pode rexistrar todo tipo de documentos dirixidos aos departamentos deste Concello a excepción de trámites urbanísticos. Está facultada para recoller escritos dirixidos a calquera órgano administrativo, xa sexa da Administración Xeral do Estado, Administración Autonómica ou Administración Local: Rexistro SIR. Ademais, existe unha terceira Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro nas oficinas de Urbanismo na que se recolle documentación unicamente de carácter urbanístico.

Nestas oficinas recóllese, de xeito presencial, a documentación en formato papel dirixida polas persoas físicas a este Concello, dixitalizándoa e transformándoa a documento electrónico.

Presentarase documentación de xeito presencial en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, en adiante LPA (BOE nº 236, do 02/10/2015).

Se algúns dos suxeitos obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo (artigo 14.2 y 14.3 da Lei 39, do 1 de outubro, do LPA) acude ao rexistro de xeito presencial (OAMR), poderán ser requiridos para subsanación a través da súa presentación electrónica (art. 68.4 LPA), e neste caso, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que realizara a subsanación, de modo que a solicitude presencial produce efectos dende a subsanación e non dende a da súa presentación presencial.

Tamén ponse a disposición da cidadanía o rexistro telemático municipal da Sede electrónica para a presentación, a través da Internet, de solicitudes, escritos e comunicacións.

Sistema de Interconexión de Rexistros
O Sistema de Interconexión de Rexistros ou SIR é un sistema informático que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as Administracións Públicas de forma segura e de acordo coa normativa vixente.

Grazas a este sistema, cando a cidadanía presenta algunha solicitude, escrito ou comunicación dirixida a outro órgano, organismo público ou Administración Pública dita documentación enviarase en formato electrónico a calquera OAMR que tamén o teña implantado, independentemente da súa localización xeográfica.

En ningún caso, nestas oficinas, presentaranse escritos anónimos.

Os días 24 y 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais a excepción da Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro de Bertamiráns situada na Casa do Concello.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La oficina local de O Milladoiro cursa documentos dirigidos a otras administraciones"

Oficinas municipais do Milladoiro