Solapas principales

Danse a coñecer os/as gañadores/as do XVII Certame Literario do Concello de Ames

Miércoles, 30 de septiembre de 2020

O Concello de Ames dá a coñecer hoxe, 30 de setembro, o nome das obras premiadas na décimo sétima edición do Certame Literario de narrativa e poesía. Este ano o xurado do certame estivo composto polo profesor e tradutor, Xosé Antón López Silva; polo profesor e escritor, Paulo Calvo; e pola xornalista, dramaturga e escritora, Nazaret López. Os tres viven en Ames e foron os encargados de xulgar os 65 traballos que se presentaron á XVII edición do Certame Literario de Ames. A entrega de premios será o vindeiro, 30 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Listaxe cos traballos gañadores do XVII Certame literario do Concello de Ames.  

Na modalidade de narrativa (categoría de ata 13 anos) a gañadora foi a moañesa, Cristina María Redondo Contreras, coa obra O derradeiro grito. A segunda clasificada foi Noa Moldes Domínguez, de Ames, coa peza Talasi, mentres que na terceira posición quedou Sara Constenla Martínez, tamén veciña do concello de Ames, co traballo Mulleres marabillosas.

Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) a gañadora foi a negreiresa, Iria Sánchez del Río, coa obra Do meu compás. A segunda clasificada foi Alba Guzmán Falcón, do concello de Ourense, coa peza A princesa do tiráspol, e na terceira posición quedou Carlota Díez Herrera, de Santiago de Compostela, co traballo Un minuto de gloria.

Na terceira e última categoría (18 anos ou máis) a gañadora foi Carla López López, de Sarria, con Boas noites e boa sorte. A segunda posición foi para María Carmen Rey Núñez, do concello de Mazaricos, coa peza Manuela, a pelegrina, mentres que na terceira posición quedou Raquel Fernández Fernández, de Gondomar, co traballo Viño negro.

Gañador@s na modalidade de poesía
Na modalidade de poesía (categoría de ata 13 anos) o primeiro premio foi para o amesán, Diego Fungueiriño Pouso, coa obra A natureza. O segunda clasificada foi Mariña Souto Pazó, do concello de Brión, coa obra Soños, mentres que na terceira posición quedou Cristina María Redondo Contreras, de Moaña, co traballo Para sempre.

Na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) o primeiro premio foi para Iria Sánchez del Río, do concello de Negreira, coa obra Ule a fogar. O segundo premio recaeu en Nee Barros Fernández, de Marín, coa peza Resiliencia, e na terceira posición quedou Samuel da Silva Fernández, do Rosal, con Soños.

Por último, na categoría de 18 anos ou máis, o gañador foi Jorge Alonso García, de Vilagarcía de Arousa, coa obra Traen os amarres clandestinos dos que saíron sen tempo, a segunda clasificada foi Raquel Fernández Fernández, de Gondomar, coa peza Setembro, e na terceira posición quedou Manuel Xiráldez Leal, do concello de Brión, co traballo Ao raiar o día.

O xurado valorou 65 traballos
Nesta edición o xurado tivo que valorar 65 traballos. Na modalidade de poesía, presentáronse un total de 37 traballos (3 na primeira categoría, 5 na segunda e 29 na terceira). No tocante á modalidade de narrativa, o Concello de Ames recibiu 28 propostas (4 na primeira categoría, 8 na segunda e 16 na terceira).

Este ano o xurado do certame estivo composto polo profesor e tradutor, Xosé Antón López Silva; polo profesor e escritor, Paulo Calvo; e pola xornalista, dramaturga e escritora, Nazaret López. Os tres viven en Ames e foron os encargados de xulgar os 65 traballos que se presentaron á XVII edición do Certame Literario de Ames. A entrega de premios será o vindeiro, 30 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Cartel certame literario.