Solapas principales

Convócase un curso de Introdución á lingua e cultura galegas en colaboración coa Xunta de Galicia

Miércoles, 08 de octubre de 2025

Desde hoxe está aberto o prazo de inscrición para o curso de Introdución á lingua e literatura galegas que convoca o Concello de Ames en colaboración coa Xunta de Galicia, dirixido a persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas co obxectivo de impulsar o uso do galego e aproximar a veciñanza ao noso idioma, así como favorecer a cohesión e a integración social. Este curso de 20 horas impartirase no Pazo da Peregrina do 15 ao 30 de outubro de luns a xoves, con sesións de dúas horas e en horario de tarde, das 16:00h ás 18:00h. As inscricións, de balde, poden realizarse de xeito presencial acudindo ao Servizo de Normalización Lingüística, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, chamando por teléfono ao número 662 377 215 ou a través do enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal.

O Concello de Ames en colaboración coa Xunta de Galicia pon en marcha un novo curso de introdución á lingua e cultura galegas, co fin de impulsar o uso do galego e aproximar a veciñanza procedente de fóra de Galicia á nosa lingua e á nosa cultura dun xeito práctico e progresivo, así como favorecer a cohesión social e a integración das persoas procedentes de fóra de Galicia.

O Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia convoca un Curso de introdución á Lingua e Cultura galegas dirixido a persoas migrantes e procedentes doutras comunidades lingüísticas. Ademais, esta oferta formativa servirá para darlle continuidade ao Obradoiro de Acollemento Lingüístico, En galego co teu acento! Organizado polo Concello de Ames a través do Servizo de Normalización Lingüística e do Departamento de Benestar Social.

Este curso impartirase no Pazo do Peregrina de Bertamiráns e contará con 20 horas de formación presencial. Comezará o mércores 15 de outubro e impartirase de luns a xoves das 16.00h ás 18.00h.

As persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula de maneira presencial en horario de 9:00h a 14:00h na oficina do Servizo de Normalización Lingüística no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, por teléfono a través do número 662 377 215 ou do enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal. O período de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 15 de outubro e o número máximo de prazas dispoñibles será de 20.

Ao remate do curso, o alumnado recibirá un diploma acreditativo de 20 horas de formación expedido pola Xunta de Galicia.

Convócase un curso de Introdución á lingua e cultura galegas en colaboración coa Xunta de Galicia

Multimedia

  • Convócase un curso de Introdución á lingua e cultura galegas en colaboración coa Xunta de Galicia