O Concello de Ames informa que se seguen a efectuar os traballos de reparación na piscina municipal do Milladoiro, que permanece pechada dende o pasado martes 15 de xullo debido ao desprendemento do liner. Con todo, iranse habilitando zonas da instalación paulatinamente. Deste xeito, prevese que entre martes e mércores, se abra ao público a piscina pequena xunto co perímetro de lecer.
O Concello de Ames informa que ao longo desta semana continuarán os traballos de reparación na piscina municipal do Milladoiro para que, unha vez se volva a abrir ao público a instalación, sexa con todas as garantías de seguridade para a veciñanza. Este retardo na reapertura prevista para o día de hoxe, luns 21, débese a que os danos da infraestrutura resultaron maiores do previsto inicialmente. Con todo, iranse habilitando zonas da instalación paulatinamente, polo que entre este martes e mércores abrirase ao público a piscina para os máis pequenos e a zona de lecer da piscina.
A piscina municipal do Milladoiro permanece pechada dende o pasado martes, 15 de xullo, cando se detectou unha incidencia provocada polo desprendemento do liner que cubre o interior da piscina. As previsións iniciais eran abrir a instalación este luns, 21 de xullo, mais unha vez que foron avanzando os traballos de reparación e selado, comprobouse que a incidencia era máis complexa do analizado nun momento inicial. As obras de reparación non suporán ningún tipo de custo para as arcas municipais debido a que a citada obra se encontra en garantía.
Por outra banda, dende o Goberno infórmase á cidadanía que xa se iniciaron os trámites para a elaboración dun proxecto de ampliación da piscina municipal do Milladoiro que se axuste á realidade poboacional da localidade e que teña en conta o crecemento previsto para os vindeiros anos.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "La reapertura de la piscina de O Milladoiro será progresiva debido a los defectos de la obra"
Bisbarra: "O Concello de Ames anuncia que continúan os traballos de reparación da piscina do Milladoiro"
Diario de Compostela: "Continúan os traballos de reparación na piscina do Milladoiro e abrirá parcialmente entre o martes e o mércores"





