Solapas principales

Continúa en agosto o programa “AmesON de verán” co concerto das Maianas, este venres 19 no Milladoiro

Jueves, 18 de agosto de 2022

O grupo de música tradicional As Maianas será o próximo protagonista da programación do “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica. Será este venres 19, ás 21:00 horas, na praza Manuel Murguía do Milladoiro. O AmesON continuará en agosto con Pili Pampín e rematará en setembro coa orquestra Panorama, dous novos concertos  pensados para dinamizar o comercio local e a hostalaría durante o período estival. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación ao completo do “AmesON de verán” 2022.

Despois da actuación de Los Jinetes del Trópico e Tinta a semana pasada, continúa o programa “AmesON de verán” co grupo de pandeireteiras As Maianas, que levará a música tradicional á praza Manuel Murguía do Milladoiro, o venres 19 de agosto ás 21:00 horas. Trátase do penúltimo concerto do mes de agosto do AmesON, unha iniciativa que conta con 13 propostas para todos os públicos e con diversidade de xéneros musicais, de xuño a setembro.

As Maianas son un grupo de cantareiras que naceu nun obradoiro de música tradicional do Concello de Ames. Comezaron a súa andaina en 2007 coa gravación do seu primeiro traballo onde destacan temas de composición propia. As súas voces están acompañadas por instrumentos tradicionais de percusión como pandeiretas, pandeiras, pandeiros ou carrizos, así como outros instrumentos como cunchas ou cuncas. A percusión corporal, o son do clarinete, da frauta tenor e da guitarra española dan un toque maiano aos arranxos das pezas.

O programa “AmesON de verán” seguirá en agosto coa actuación de Pili Pampín o  venres 26 de agosto, en Bertamiráns. A continuación, será a quenda da orquestra Panorama, que será a encargada de pechar o “AmesON de verán” en setembro, no Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "As Maianas levan o mellor folclore amesán este venres ata a praza Murguía"

Continúa en agosto o programa “AmesON de verán” co concerto de As Maianas, este venres 19 no Milladoiro

Multimedia

  • Continúa en agosto o programa “AmesON de verán” co concerto de As Maianas, este venres 19 no Milladoiro