Solapas principales

Constituíuse o Consello Sectorial de Educación

Sábado, 01 de mayo de 2021

Representantes dos partidos políticos con representación municipal e das ANPAS dos centros educativos de Ames reuníronse na tarde do martes, 27 de abril, para constituír o Consello Sectorial de Educación. Na reunión estableceuse a necesidade de elaborar un regulamento que determine as normas e as competencias do novo Consello. A este respecto, a Concellaría de Educación elaborará un primeiro documento que despois pasará ao resto dos membros para a súa aprobación.

O Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ames contempla a creación de Consellos sectoriais. A creación dos Consellos de Educación e Cultura foi aprobada en sesión plenaria e por unanimidade no pleno ordinario do pasado mes de febreiro de 2021.

O concelleiro de Educación, David Santomil, considera que "coa creación deste Consello sectorial ampliase o ámbito de participación no sector educativo, complementando así os Consellos escolares de centro e o Consello Escolar Municipal". Santomil agarda asemade que "o Consello sexa un órgano produtivo, que teña funcionalidade e que sexa útil, especialmente para o desenvolvemento das competencias municipais e o funcionamento dos programas de conciliación da vida laboral e familiar" .

Imaxe da constitución do Consello Sectorial de Educación

Multimedia

  • Imaxe da constitución do Consello Sectorial de Educación