Miércoles, 23 de junio de 2021
Quince usuarios e usuarias do servizo de axuda no fogar do Concello de Ames van poder desfrutar de catro excursións ao longo dos meses de xuño, setembro, outubro e novembro. A actividade está organizada pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames.
A primeira excursión está programada para o 28 de xuño e consiste nunha visita cultural ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla no veciño concello de Vedra.
O proxecto ten por obxecto fomentar a sociabilidade das persoas maiores, coñecer o entorno cultural das diferentes zonas de Galicia e favorecer os recordos presentes na memoria dos nosos maiores.