Solapas principales

Comparte versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes

Miércoles, 18 de febrero de 2026

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Bibliotecas vén de publicar a programación das actividades que se levarán a cabo durante este mes de febreiro para conmemorar o Mes de Rosalía. O obxectivo é difundir a obra e o pensamento rosaliano e pór en valor os enormes vínculos que a escritora ten co Concello de Ames. A principal novidade deste ano é a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir vídeos ou publicacións con versos rosalianos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes e ir tecendo colectivamente a rede de Rosalía. Pódese consultar a programación completa premendo na seguinte ligazón.

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro cunha programación que pretende achegar a veciñanza a magnitude da figura da escritora e resaltar a súa relación directa con Ames. Rosalía, unha das escritoras máis universais de Galicia está moi ligada ao Concello de Ames dado que a súa familia paterna era da Tarroeira, un dos lugares da parroquia de Ortoño. O seu avó paterno coñecíase como O Muiñeiro, por posuír un muíño que moía todo o ano en Lapido, xusto á beira do río Sar.

A programación busca a participación da veciñanza cunha ampla variedade de actividades transversais para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova, coa pretensión tamén de estimular e dinamizar o uso do galego achegando referentes comprometidos co uso da lingua propia.

Rede de Rosalía
Como principal novidade, esta edición inclúe a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes. Todas as persoas que suban vídeos ou publicacións con textos rosalianos ás redes etiquetados co cancelo #RosalíaDeAmes participarán no sorteo de cinco exemplares do libro Cantares Miúdos, unha escolma de poemas realizada por Rita Bugallo, ilustrada por Andrea López e editada pola Fundación Rosalía de Castro.

Existen varias opcións para participar nesta iniciativa:
1.-Sube un vídeo ás redes recitando a Rosalía co cancelo #RosalíaDeAmes.
2.-Fai unha publicación con versos de Rosalía etiquetados co cancelo #RosalíaDeAmes.
3.-Descarga a imaxe de Rosalía e escribe uns versos sobre ela e publícaa co cancelo #RosalíaDeAmes.

Ao pé desta nova pódense descargar tres plantillas para empregar na creación da Rede de Rosalía. Ditas plantillas pódense utilizar para compartir versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Obradoiro pra escribir como Rosalía dende Teo e roteiro e gala en Ames"

Diario de Santiago:  "Comparte versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes"

Comparte versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes

Multimedia

  • Comparte versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes
  • Comparte versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes
  • Comparte versos rosalianos en diferentes formatos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes